Fosfatidilinositol 3-fosfato
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O fosfatidilinositol 3-fosfato (PtdIns3P ou PI3P) é un fosfolípido que se encontra nas membranas celulares que recruta diversas proteínas na membrana, moitas das cales están implicadas no tráfico de proteínas. É o produto orixinado pola actividade dos encimas fosfoinosítido 3-quinases (PI 3-quinases) de clase II e III sobre o fosfatidilinositol.[1]
O PtdIns3P é desfosforilado polas fosfatases da familia da miotubularina, na posición D3 do anel de inositol, e pode ser convertido en fosfatidilinositol 3,5-bisfosfato (PtdIns(3,5)P2) pola lípido quinase PIKfyve.
Ao PtdIns3P poden unirse tanto os dominios FYVE coma os PX, que se encontran en proteínas como SNX1, Hrs, e EEA1.
A maioría do PtdIns3P parece ser sintetizado constitutivamente por unha PI 3-quinase de clase III chamada Vps34, nas membranas endocíticas. As PI 3-quinases de clase II tamén parecen sintetizar o PtdIns3P, pero a súa actividade está regulada por diversos estímulos, entre os cales están factores de crecemento. Isto suxire que existen conxuntos específicos de PtdIns3P que poden sintetizarse por estimulación celular.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads