Panterinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos panterinos (Pantherinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros da familia dos félidos. Inclúe seis[1] ou sete[2] especies clasificadas en dous[3] ou tres[1] xéneros distintos aínda que isto se atopa en revisión mediante estudos xenéticos[4].
Remove ads
Características
Os panterinos diferéncianse do resto dos félidos pola ausencia de osificación total na garganta, característica que lles permite ruxir. Así mesmo, adoitan ter un tamaño moito maior que o do resto de félidos e unha musculatura e forza máis desenvolvidas, sendo na súa maioría os depredadores dominantes nos seus hábitats. Salvo o león (Panthera leo), todos son animais predominantemente solitarios.
Evolución
As orixes evolutivas dos panterinos encóntrase no continente asiático, onde apareceron no Plioceno. Os primeiros panterinos, eran felinos de tamaño e aspectos similares aos dun gato doméstico, provisto de cola longa, patas curtas e hábitos tanto arborícolas como terrestres. O seu corpo está recuberto por diferentes clases de manchas que recordan ás da pantera nebulosa (Neofelis nebulosa), o irbis ou pantera das neves (Panthera uncia) e o leopardo (Panthera pardus). Crese que os primeiros panterinos, que tamén vivían en hábitats boscosos, posuían unha pelaxe densamente manchada co fin de camuflarse e capturar máis facilmente as súas presas. Estas manchas perdéronse hoxe en día no león (aínda que sobreviven nos seus cachorros, difuminándose máis tarde) e o tigre (Panthera tigris), onde se uniron para orixinar as características raias deste animal.
De acordo con evidencias xenéticas e moleculares, crese que tras a liña do gato xaspeado se independizaron de forma separada as da pantera nebulosa (froito dunha adaptación máis marcada á vida arborícola) e o leopardo das neves (debido á colonización das montañas de Asia Central). O xénero Panthera, representado orixinalmente por animais de talle similar ao dun leopardo, orixinouse a finais do Plioceno en Asia oriental e pouco despois colonizou África. No primeiro lugar evolucionaron os tigres, mentres que no segundo orixináronse posteriormente os antepasados dos leóns e leopardos. Estes dous últimos animais expandíronse a comezos do Plistoceno por Eurasia e colonizaron en distintos momentos América a través da ponte de terra que unía periodicamente Siberia e Alasca. Foi no primeiro destes procesos migratorios, hai pouco máis dun millón de anos, cando se independizou a liña evolutiva do xaguar (Panthera onca) da do seu máis próximo parente vivo, o leopardo, pois os xaguares están máis estreitamente relacionados coa extinta Panthera atrox. Todas as especies actuais de panterinos están ameazadas en maior ou menor medida pola actividade humana e desapareceron de varias áreas onde antano eran abundantes.
Remove ads
Xéneros e especies
- Xénero Panthera
- Panthera leo - león
- Panthera onca - xaguar
- Panthera pardus - leopardo
- Panthera tigris - tigre
- Panthera uncia - leopardo das neves
- Xénero Neofelis
- Neofelis nebulosa - pantera nebulosa
- Neofelis diardi - pantera nebulosa de Borneo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads