Pappus de Alexandría

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pappus de Alexandría
Remove ads

Pappus de Alexandría[1][2] (en grego Πάππος ὁ Ἀλεξανδρεύς, transl. Páppos hò Alexandreýs) nado en Alexandría, Exipto, foi un exipcio helenizado e un dos máis importantes matemáticos helenísticos da antigüidade. Foi un importante xeómetra, pescudador e autor de moitos textos sobre científicos da antiga civilización grega, entre eles a súa principal obra, Synagoge (320 d. C.) ou Colección Matemática, un tratado en grego composto por oito libros dos cales o primeiro e parte do segundo se extraviaron, onde se encontran relatos, novas probas e temas suplementarios para varias proposicións de Arquímedes, Euclides, Apolonio e Tolomeo, entre outros, sobre superficies de revolución, planos, sólidos e lineares.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Mathematicae Collectiones de Pappus (edición de 1589).

Descubriu varios teoremas precursores da xeometría proxectiva, pescudou o chamado problema de Dido ou isoperimétrico e demostrou que, de entre as formas que as abellas poderían empregar para facer seus favos, a adoptada é a que máis economiza cera. 

As súas conclusións foron o punto de partida para a invención da xeometría analítica por Descartes, trece séculos despois. Xunto con Diofanto, foron os dous principais matemáticos da chamada Idade de Prata da Universidade de Alexandría (250-350). Tamén escribiu sobre música e hidrostática e morreu nalgún lugar de Grecia.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads