Paranoid Android
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
"Paranoid Android" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editada como sinxelo principal do seu terceiro álbum, OK Computer, en 1997. A letra do tema foi escrita principalmente polo vocalista Thom Yorke, despois dunha experiencia desagradable nun bar dos Ánxeles. Con máis de seis minutos de duración formados por catro seccións distintas, o tema está influenciado significativamente polo dos Beatles "Happiness Is a Warm Gun" e polo de Queen "Bohemian Rhapsody". "Paranoid Android" toma o seu nome de Marvin the Paranoid Android da serie de Douglas Adams The Hitchhiker's Guide to the Galaxy.
Cando foi editado, "Paranoid Android" chegou ao número 3 da lista británica de sinxelos. Foi moi ben recibido polos críticos e destacada en moitas recensións do álbum OK Computer. O tema apareceu regularmente nas listas das mellores cancións de todos os tempos, incluídas a da Rolling Stone das 500 mellores cancións de todos os tempos e a da revista Time da 100 mellores cancións da historia. O seu vídeo musical feito con animación e dirixido por Magnus Carlsson foi emitido regularmente pola MTV, aínda que a cadea censurou partes por conter nús. Dende o seu lanzamento a canción foi versionada por numerosos artistas de distintos xéneros musicais.
Remove ads
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Thom Yorke, Jonny Greenwood, Ed O'Brien, Colin Greenwood e Phil Selway.
|
|
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads