Furabuchos atlántico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O furabuchos atlántico[2][3][4], ás veces pardela furabuchos,[5][6] (Puffinus puffinus) é unha ave da orde das procelariformes pertencente á familia Procellariidae proia do océano Atlántico.

É unha ave mariña de lombo negro e partes inferiores brancas, voa a baixa altura sobre o mar, con planeos rápidos e ladeados, alternando con rápidos aleteos.
Remove ads
Alimentación
Aliméntase na superficie ou mergullándose a pouca profundidade, de pequenos peixes, luras, crustáceos e lixo dos barcos pesqueiros.
Anidación
Anida en colonias en illas montañosas a pouca distancia do litoral, e só visita o seu niño de noite, no medio dun coro de voces cacarexantes.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads