Parets del Vallès

concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Parets del Vallèsmap
Remove ads

Parets del Vallès é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 7 km de Granollers e a 23 km de Barcelona.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

A primeira referencia histórica a este municipio é do ano 878, pero a primeira vez que se utiliza o nome de Parets é o 904 (vila Pariet). O nome actual provén do século XII, probablemente orixinado por unhas paredes romanes encontros polos arredores.

Parets tiña xurisdición directa por parte do rei (Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso), excepto por un curto período ao 1383 cando o infante Xoán (posteriormente Xoán I de Aragón, o Cazador) vendeuno ao nobre Marco Planella. A muller de Bernardo de Planella devolveu a xurisdición ao rei en 1385. Para evitar que isto volvese suceder, Parets converteuse oficialmente nunha rúa de Barcelona en 1386.

En 1385, Parets, Mollet e Gallecs formaban parte dun mesmo municipio. Parets independizouse do resto a mediados do século XIX, en 1849. O pobo foi alternando períodos esplendorosos e tristes na súa historia milenaria: os tempos escuros dos séculos XIV e XV, o pouco crecemento demográfico do século XVII, ou o próspero século XVIII. Precisamente neste século, en 1706, as tropas do rei Filipe V de España incendiou a igrexa, e os arquivos de Parets queimáronse con ela. Este é o motivo da ignorancia actual sobre esta porción da historia paretana.

Remove ads

Demografía

Evolución demográfica
1900193019501970198120002006
1.2451.9572.3255.6268.74114.47816.413

Lugares de interese

  • Concello, edificio de estética neorrománica construído en 1948.
  • Igrexa de Sant Esteve, templo tamén neorrománico de tres naves construído en 1946.
  • Igrexa de Sant Jaume, templo de cruz latina e cúpula central do ano 1948.
  • Torre de Cellers
  • Torre d'en Malla

Localidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads