Parlamento

From Wikipedia, the free encyclopedia

Parlamento
Remove ads

O parlamento é a asemblea dos representantes electos polos cidadáns nos réximes democráticos. É o órgano constitucional dun estado que ten atribuída a misión principal de expresar a vontade deste, elaborando e aprobando normas xurídicas de carácter xeral e intervindo na integración e funcionamento doutras Institucións do estado.

Nalgúns países, o parlamento está formado por dúas asembleas separadas, por veces chamadas cámaras do parlamento, que poden resultar de eleccións ou nomeacións separadas e poden ter poderes diferenciados e varias designacións de acordo coa Constitución de cada país:

  • A cámara alta, cámara superior ou senado. No Reino Unido, é oficialmente chamada Cámara dos Lords.
  • A cámara baixa, cámara inferior, cámara dos comúns ou cámara federal.

En moitos países, o parlamento é denominado congreso, como o Congreso dos Estados Unidos de América, e noutros asemblea nacional ou asemblea do pobo, como na República Popular da China.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads