Parque do Retiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Parque do Retiro (en castelán: Parque del Retiro), popularmente coñecido como El Retiro, é un parque de 118 hectáreas (1.180.000 m²) situado en Madrid. É un dos lugares máis significativos da capital española.
Os xardíns teñen a súa orixe entre os anos 1630 e 1640, cando o Conde-Duque de Olivares, valido de Filipe IV (1621-1665), regalou ao rei uns terreos xunto ao Mosteiro dos Xeromes de Madrid. Coa reforma do Cuarto Real que había ao lado do mosteiro, comezou a construción do Palacio do Retiro.
Despois da revolución de 1868, coñecida popularmente como La gloriosa, os xardíns pasan a ser de propiedade municipal e as portas ábrense a todos os cidadáns, comezando unha época na que a Ría Grande e o Estanque de San Antón dos Portugueses transfórmanse en Paseo de Coches. Colocáronse as fontes dos Galápagos e da Alcachofa, así como a fonte do Anxo Caído, obra de Ricardo Bellver. No Campo Grande construíuse o Pazo de Cristal do Retiro e o Palacio de Velázquez, obra de Ricardo Velázquez Bosco. Nesa época, concretamente a finais do século XIX, ten lugar a novela que Pío Baroja titulou Os Xardíns do Retiro, na que narra a vida da cidade arredor deste lugar.
Remove ads
Galería de imaxes
- Fonte do Anxo Caído
- A Rosaleda
- Paseo da Arxentina
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque do Retiro ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads