Parres
concello de Asturias From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Parres é un concello de Asturias. Linda polo norte con Caravia e Ribeseya, polo leste con Cangas de Onís, polo oeste con Piloña e Colunga e polo sur con Amieva. A capital do concello é localidade de Les Arriondes. A poboación en 2013 atinxía un total de 5.615 habitantes.
Remove ads
Xentilicio
A denominación do habitantes é parragués / parraguesa.
Xeografía

Parres ocupa unha área de 126,08 km². O terreo é moi montañoso e abrupto, salvo quizais a parte central, con pequenos vales orientados en todas as direccións. Pódese afirmar que a rede de montes do concello é complicada, pola variedade de cordais e cumios de alturas diversas que ocupan o concello. Polo norte aparecen unha serie de cumes e serras moi característicos de Asturias, como son a Serra de El Sueve co pico Pienzo á cabeza (1.159 m), a serra de Llavallos, a de Calabrez e o pico Moro no extremo nordeste. Na parte central, porén, contrasta a suavidade da zona, que é a parte menos abrupta do concello, pero na que cómpre destacar a mota Cea e Cetín (1.068 m).
Hidrografía
A rede hidrográfica ten dous ríos salientábeis: o Piloña, que parte case pola metade o concello, trascorrendo de oeste a leste, e o Sella, a corrente máis caudalosa da zona, que reparte as súas augas entre Cangas de Onís e Parres e que desemboca no Mar Cantábrico na veciña Ribeseya; é, por outra banda, elemento limítrofe no oriente do municipio.
Fauna e Flora
A vexetación do concello tamén é variada, destacando matogueiras na alta montaña, así como piñeiros, faias, eucaliptos, carballos e abeleiras. A fauna fluvial está representada pola troita, o reo, a anguía e o salmón. Entre a fauna terrestre achamos raposos, teixugos, garduñas, xabaríns, corzos e venados, así como asturcóns, o cabalo autóctono que está en regresión. As aves máis avistadas son as pegas, merlos, corvos e voitres.
Remove ads
Parroquias
|
|
|
Sectores económicos
Véxase tamén
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Ligazóns externas
- Páxina de Parres (en castelán)
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Parres |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads


