Partícula beta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As partículas beta (Partícula β) son produtos das desintegracións chamadas beta, como a que ten lugar a partir do potasio 40.

Tipos

1) Radioactividade alfa debida ós núcleos de helio, parada por unha folla de papel.
2) Radioactividade beta (electrón ou positrón), bloqueada por unha folla de aluminio.
3) Radioactividade gamma absorbida por unha folla grosa de chumbo.
Existen dous tipos de partículas e radioactividade beta[1].
- Pode tratarse dun electrón, no caso dunha desintegración β-, que será acompañado por un antineutrino electrónico. Este tipo de desintegración está provocada por un exceso de neutróns.
Unha partícula beta é semellante a calquera outro electrón (por exemplo, ós que se pode atopar na codia electrónica dos átomos) pero cunha helicidade á esquerda ('levoxira')[2]. descontando a radioactividade beta, en conxunto os electróns teñen helicidade nula. - No caso dunha desintegración β+, trátase dun antielectrón (ou positrón) e a radiación será acompañada dun neutrino electrónico. Esta desintegración é provocada por un exceso de protóns.
Remove ads
Historia
Henri Becquerel, experimentando con fluorescencia, atopou de xeito accidental que o uranio exposto a unha placa fotográfica, envolta nunha protección de papel negro, emitía sobre aquela unha radiación descoñecida que non podía suprimirse ó xeito de como se facía cos raios X.
Ernest Rutherford continuou os experimentos e descubriu dous tipos diferentes de radiación:
- partículas alfa (α), non amosadas nas placas de Becquerel ao seren absorbidas doadamente polo envoltorio de papel negro;
- partículas beta, cen veces máis penetrantes que as alfa.
Publicou os seus resultados no 1899.[3]
No 1900, Becquerel mediu a relación masa-carga (m/e) para as partículas beta polo método de J.J. Thomson, usado para estudar os raios catódicos e identificar o electrón. Atopou que e/m para unha partícula beta é o mesmo que para un electrón de Thomson, e polo tanto suxeriu que de feito son o mesmo.
Remove ads
Uso
A Radioactividade β inducida por estas partículas presenta características facendo que se usen dende hai tempo en autoradiografía para o marcado radioactivo e o trazado radioactivo de moléculas en organismos o mecanismos biolóxicos (bioloxía molecular, secuenciación xenética e fisiopatoloxía no que concirne por exemplo ás ligazóns, hibridación in situ ou inmunohistoquímica)[4].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads