Partido Galego do Proletariado

partido independentista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Partido Galego do Proletariado
Remove ads

O Partido Galego do Proletariado (PGP) foi un partido galego independentista e marxista-leninista formado en marzo de 1978 ao adoptar ese nome a Unión do Povo Galego-liña proletaria que se consideraba continuadora da Unión do Povo Galego. O Comité Central actuaba na clandestinidade e os militantes descoñecían a súa identidade. Era partidario da loita armada, que consideraba antiimperialista e antioligárquica. O seu voceiro chamábase Sempre en Galicia.

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...
Remove ads

Historia

O partido foi fundado en 1978 como continuación da Unión do Pobo Galego-liña proletaria, unha organización política formada por disidentes da Unión do Povo Galego, liderados por Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís Soto[1], que querían que o partido adoptase unha liña abertamente independentista, anti-institucional e partidaria da loita armada.

En 1979 Unidade Galega incluíu como candidatos independentes a militantes do PGP nas eleccións municipais, co que o PGP conseguiu que tres dos seus membros saíran elixidos concelleiros (Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e Vilaboa). Tamén constituíu unha plataforma que concorriu ás eleccións municipais no concello de Vigo e que posteriormente se transformou na súa propia fronte asemblearia, Galicia Ceibe-OLN e a súa fronte armada, a Loita Armada Revolucionaria, o que provocou que en 1980 a policía detivera a varios dirixentes, entre eles Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais tivo unha notábel influencia na Confederación Sindical Galega. O partido deixou de existir de facto en 1980, cando se integrou en Galiza Ceive-OLN[2].

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads