Charouvía

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Charouvía
Remove ads

A charouvía ou pastinaca[1] (Pastinaca sativa), é unha raíz que se emprega como hortaliza, moi relacionada coa cenoria, aínda que máis pálida e con máis sabor que esta. O seu cultivo remóntase á tempos antigos en Eurasia: antes da importación da pataca tralo descubrimento de América, a charouvía ocupaba o seu lugar [Cómpre referencia].

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Thumb
Charouvía ( Pastinaca sativa)
Thumb
Ilustración
Thumb
Charouvía.
Remove ads

Descrición

É unha especie bienal, semellante á cenoira. A súa raizame ten unha raíz principal pivotante, carnosa e grosa, abrancazada a amarelenta, e raíces secundarias magras. O sistema caulinar, o primeiro ano, componse dun talo curtísimo de onde saen as follas formando unha roseta. Follas grandes, de 4 dm, con longos pecíolos na base, de lámina imparipinnada, con folíolos dentados ou lobulados, averdados escuros. No segundo ano, bota ramificacións e acada 80 cm de altura. Nos ápices das pólas agroman as umbelas con flores pequenas, brancas-averdadas e inconspicuas. Da polinización entomófila frutifica en esquizocarpos alados nas súas marxes, acastañados, cunha semente en cada mericarpio.

Remove ads

Nutrición

Consómese a raíz primaria e parte do hipocótilo cocida, en guisos e sopas (dá sabor anisado).

Posúe máis vitaminas e minerais que a cenoira.

Características nutricionais por cada 100 g

Remove ads

Cultivares

Pastinaca é nativa de Eurasia, e existen tres cultivares:

  • Panais Redonda Precoz
  • Panais Medio Longa
  • Longa de Guernesey

Cultivo

Non medra en clima cálido, necesita xeadas para desenvolver o seu sabor. É especial para rexións con curtas tempadas de crecemento. Gusta dos terreos areentos, e/ou limosos; os arxilosos e pedrentos non son bos para as súas raíces, producindo deformacións e tamaño curto.

As sementes plántanse ao comezo da primavera. Recóllense ao final do verán, despois da primeira xeada, e continúa durante o outono, até se conxelar o chan.

Máis que noutras especies de hortalizas, a viabilidade das súas sementes deteriórase se se almacenan moito tempo. Cada ano precisa semente fresca.

Nos Estados Unidos, moitos estados téñena na lista de malas herbas [Cómpre referencia].

A pastinaca é alimento de larvas dalgunhas especies de lepidópteros.

Remove ads

Perigo

Cando se apañan nas leiras, cómpre non confundilas coa cicuta con resultados fatais.

Taxonomía

Pastinaca sativa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 261. 1753.[2]

Sinonimia
  • Anethum pastinaca Wibel
  • Elaphoboscum sativum (L.) Rupr.
  • Peucedanum pastinaca (Wibel) Baill.
  • Peucedanum pastinaca (L.) Benth. & Hook. f.
  • Peucedanum sativum (L.) Benth. & Hook. f.
  • Selinum pastinaca (L.) Crantz[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads