Pataca macaense
moeda de Macau From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A pataca (en chinés: 澳門圓; pinyin: Àoményuán) é a moeda de curso legal da rexión administrativa especial de Macau.[2] Divídese en 100 avos; o seu código ISO 4217 é MOP e as abreviaturas utilizadas son $, 元 e 圓.[3]
- Para outras moedas coa denominación de "pataca", véxase a páxina de homónimos Pataca (moeda).
Pataca macaense | |
---|---|
澳門圓 en chinés | |
![]() | |
Código: | MOP |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | $ - 元 . 圓 |
Fracción: | 100 avos |
Moedas: | 10, 20 e 50 avos. 1, 2, 5 e 10 patacas. |
Billetes: | 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 patacas. |
Emisor: | Banco Nacional Ultramarino |
Taxa de troco: 04-5-2020[1] | 1 EUR = 8,70 MOP 1 USD = 7,98 MOP |
Macau ten un sistema monetario consonte o cal a súa unidade monetaria, a pataca, se apoia ao 10 % nunha divisa estranxeira, neste caso o dólar de Hong Kong.[4] Ademais, a Autoridade Monetaria de Macau ten a obriga estatutaria de emitir e trocar patacas segundo a demanda fronte ao dólar de Hong Kong, sen límite e cunha taxa de cambio fixada en 1 HKD = 1,03 MOP.[3][5]
Remove ads
Historia
A pataca introduciuse en 1894 como unidade de conta. O termo "pataca" provén da denominación do real de oito español e sobre todo do mexicano, que daquela circulaba por amplas zonas de Asia, co que se equiparaba en valor e que coincidía tamén co do dólar de Hong Kong, e substituía o real portugués, co que tiña unha taxa de cambio de 1 MOP = 450 reais. A finais do século XIX, circulaban en Macau non só a prata mexicana, senón tamén outras moedas, entre elas os dólares de comercio británicos, os dólares de Hong Kong e os dólares das Colonias do Estreito, que tamén se acababan de crear. En 1905, o Goberno de Macau concedeulle ao Banco Nacional Ultramarino (大西洋銀行) a exclusividade da emisión dos primeiros billetes coa súa denominación en patacas, coa idea de converter esta moeda na única en circulación en Macau.[3] A primeira serie de papel moeda emitiuse o 27 de xaneiro de 1906, con billetes de 1, 5, 50 e 100 patacas.[6]
Do mesmo xeito que nas Colonias do Estreito, prohibiuse a circulación de calquera moeda estranxeira, coa intención de que as novas moedas establecesen os seus propios valores no mercado. Os chineses receaban daquelas patacas de papel, afeitos como estaban ás moedas de prata, polo que os billetes circulaban sempre cun desconto no seu valor en relación coas moedas de prata.[7]
En tanto que as patacas seguían a circular con desconto en relación aos dólares de prata que se utilizaban na rexión, o dólar das Colonias do Estreito vinculouse á libra esterlina e adoptou o padrón ouro, co que as patacas e os dólares pasaron a ter cotizacións totalmente independentes. En 1935, cando a China e Hong Kong abandonaron o padrón prata, a pataca de Macau pasou a estar vinculada ao escudo portugués, cunha taxa de 1 pataca = 5,5 escudos, o que as facía equivalentes ao xilin británico (xa que daquela unha libra equivalía a 110 escudos).
En 1980, o Goberno de Macau transferiu ao Instituto Emisor de Macau (IEM) a exclusividade do dereito de emisión de patacas do que ata daquela tiña o Banco Nacional Ultramarino, aínda que este seguiu ocupándose na práctica das emisións, ao pasar a ser un banco axente do IEM.[8] Cando o Goberno macaense renovou o contrato de emisión de papel moeda co Banco Nacional Ultramarino o 13 de outubro de 1995, a sucursal macaense do Banco da China (中國銀行澳門分行) pasou a compartir con el o dereito de emisión. Finalmente, co establecemento da Autoridade Monetária e Cambial de Macau, a emisión de patacas quedou entre as competencias do Goberno, situación que non variou logo da creación da Rexión Administrativa Especial de Macau o 20 de decembro de 1999.[3]
Remove ads
Moedas
Ata 1952 non se cuñaron moedas específicas para Macau. Para suplir esta necesidade circulaban moedas de 20 centavos de Cantón. En 1952 introducíronse as primeiras moedas de bronce de 5 e 10 avos, de 50 avos de cuproníquel, e de 1 e 5 patacas de prata de 720 milésimas.[9] O latón substituíu o bronce en 1967, e o níquel substituíu a prata en 1968.[10][11] En 1971, a cantidade de prata das moedas de 5 patacas reduciuse a 650 milésimas.[12]
En 1982 introduciuse unha nova serie con valores faciais de 10, 20 e 50 avos de latón, e de 1 e 5 patacas de cuproníquel.[13] En 1993 as moedas de 20 avos e de 5 patacas cuñáronse de forma dodecagonal, e engadiuse unha moeda bimetálica de 10 patacas en 1997, e outra de 2 patacas de cuproníquel en 1998.[14]
Moedas fóra de curso
- 10 avos. 1968.
- 10 avos. 1988.
- 20 avos. 1982.
- 50 avos. 1978.
- 50 avos. 1982.
- 1 pataca. 1952.
- 5 patacas. 1971.
Remove ads
Billetes
De xeito similar á emisión dos billetes do dólar de Hong Kong, os billetes de patacas de Macau non os emitía en principio un banco central nin unha autoridade monetaria, senón dous bancos privados: o Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China. Por mor do pasado colonial portugués de Macau, os billetes actuais imprímense tanto en chinés como en portugués.[22][23]
O 27 de xaneiro de 1906, o Banco Nacional Ultramarino introduciu emisións de papel moeda con valores nominais de 1, 5, 50 e 100 patacas, ás que se lles engadiron os de 10 e 25 patacas en 1907.[6] En febreiro de 1920, completouse esta primeira serie dos billetes divisionarios de 5, 10 e 50 avos.[24]
En 1923, o Banco Vui Hang introduciu billetes de 10 patacas válidos para os cambiar por moedas de 20 centavos cantoneses.[25]
O Banco Nacional Ultramarino aumentou a variedade de valores en 1942 cos billetes de 1 e 20 avos, e en 1944 introducíronse os de 500 patacas, en tanto que os valores inferiores ás 10 patacas se substituíron por moedas en 1952.[9][26][27]
O 8 de agosto de 1988, o Banco Nacional Ultramarino emitiu un billete de 1.000 patacas, nos que se substituíu o escudo de armas de Portugal polo logotipo do Banco Nacional Ultramarino. En 1995, o Banco da China introduciu novos billetes con valores de 10, 50, 100, 500 e 1.000 patacas, e o ano seguinte, o Banco da China e o Banco Nacional Ultramarino introduciron o billete de 20 patacas.[28]
Actualmente emítense billetes de 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 patacas. A derradeira serie de billetes emitida polo Banco Nacional Ultramarino é a de 2005, en tanto que as do Banco da China son de 1995 e de 2003.[29][30] O 20 de decembro de 1999, a soberanía de Macau pasou á China e desde ese momento ambos os bancos emitiron novos billetes coa devandita data. O 5 de xaneiro de 2009, a Autoridade Monetaria de Macau anunciou a emisión de novas series datadas en 2008 por parte do Banco da China.[28][31]
Últimas series regulares en circulación
Emisións conmemorativas
E 2008, a sucursal macaense do Banco da China emitiu catro millóns de billetes de vinte patacas en conmemoración dos Xogos Olímpicos de Verán de 2008, que tiveron lugar en Pequín.[44][45][46]
En 2012, o Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China emitiron dez millóns de billetes de 10 patacas en conmemoración do Ano do Dragón.[47] Entre 2012 e 2023 o Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China están autorizados a emitir un número máximo de vinte millóns de billetes especiais co valor nominal de 10 patacas para marcar cada ano novo lunar.[48][49] O Banco da China tamén emitiu un billete de 100 patacas conmemorativo do seu centésimo aniversario.[50]
O Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China emitiron 10 millóns (cinco millóns cada banco) de billetes de 20 patacas conmemorativos do vixésimo aniversario da transferencia da soberanía de Macau en 2019.[51]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads