Paul-Émile Botta
arqueólogo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Paul Émile Botta, nado o 6 de decembro de 1802 en Turín e finado o 29 de marzo de 1870 foi un arqueólogo francés. Foi fillo do historiador Carlo Botta.
Remove ads
Traxectoria
O 8 de maio de 1827 xunto con Auguste Duhaut-Cilly, a bordo do barco Héros, chegou a Mazatlán, lugar de onde foron expulsados tres días despois xa que as autoridades locais sospeitaban que o devandito barco e o seu capitán, Duhaut-Cilly, se dedicaban ao contrabando [1].
O descubrimento de Khorsabad.
O grande obxectivo dos aventureiros/arqueólogos destinados en Mesopotamia era a localización de Nínive, capital do Imperio Asirio, que na Biblia se dicía que eran necesarios tres días para percorrela. Á súa vez, a súa importancia radicaba no feito de ser capital dos asirios, o gran pobo conquistador da Biblia. Ao mesmo tempo, xa se coñecía que moitos dos outeiros de estraña forma gardaban restos de cidades antigas, e pensábase que un dos outeiros próximos a Mosul podía ser Nínive.
En 1843 Botta escolleu como primeiro obxectivo para escavar o outeiro de Kuyunjik (preto de Mosul), pero a medida que transcorría o tempo, o traballo resultaba infrutuoso. Paralelamente Botta preguntaba aos aldeáns e campesiños circundantes de onde conseguiran ou se viran "ladrillos con símbolos" (polo xeral os aldeáns descoñecían a resposta ou se mostraban desconfiados). A insistencia de Botta obtivo o seu premio, xa que un dos campesiños da zona de Khorsabad decatouse de que un europeo buscaba ladrillos con símbolos, ante o cal acudiu ao campamento de Botta indicando que o seu forno estaba feito con eses "ladrillos con símbolos" e que os obtiña do outeiro próximo. Botta enviou unha expedición para investigar (con poucas esperanzas) e facer unha prospección, obtendo aos poucos días grandes resultados.
O resultado foi o descubrimento do que creu que eran as ruínas de Nínive, e así o anunciou ao mundo. Entón o goberno francés financiou ditas escavacións, e Botta publicou a obra "Monumentos de Ninive". Con todo, tempo despois sóubose que se trataba das ruínas de Khorsabad. Khorsabad transformouse en capital de Asiria durante o reinado de Sargón II, e foi abandonada polo seu sucesor no -705, despoboándose paulatinamente, e converténdose nun importante resto arqueolóxico, do cal Botta recuperou importantes pezas de arte asiria que foron enviadas ao Louvre en 1846. Tanto as pezas como a obra de Botta causaron un grande éxito en Europa, e supuxo o redescubrimento da arte asiria.
Morreu en Achères, Francia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads