Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz
instalación deportiva en Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz é un recinto polideportivo e multiúsos da cidade de Ourense, en Galicia, inaugurado no ano 1988. Inicialmente coñecido como Pavillón da Finca Sevilla, desde 1990 leva o nome de Francisco Paz Sotelo, concelleiro de deportes finado en accidente de tráfico.[1][2]
Remove ads
Características
O pavillón ten unha superficie de parqué homologada para a práctica de baloncesto, fútbol sala ou balonmán entre outros deportes. As bancadas do recinto teñen capacidade para acoller máis de 5.000 persoas en localidades de asento. Situado nun complexo deportivo composto por campos de fútbol, pistas de tenis, piscinas e un circuíto de automodelismo, o seu funcionamento depende da Deputación Provincial de Ourense. Foi deseñado para cumprir dous obxectivos:
- O primeiro deles, poder acoller acontecementos deportivos de alto nivel, para o cal, ademais de ter a pista homologada, está equipado con cabinas e salas de prensa, sala VIP e un pavillón auxiliar.
- O segundo, poder acoller espectáculos culturais, como poden ser concertos musicais, actuacións, actividades recreativas etc.
O Club Ourense Baloncesto xoga os seus encontros como local neste pavillón, do mesmo xeito que o Ourense Fútbol Sala. Isto significa que o Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu nas décadas de 1990 e 2000 máis de 150 encontros da Liga ACB durante as 10 tempadas que o COB militou na elite do baloncesto español, e tamén máis de 150 encontros da LNFS durante as 9 tempadas que o Ourense FS militou na máxima categoría do fútbol sala de España.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads