Perafort

concello da provincia de Tarragona From Wikipedia, the free encyclopedia

Perafortmap
Remove ads

Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.

A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.

Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.

Remove ads

Demografía

Evolución demográfica
190019301950198120002012
5985064964446101.264

Economía

A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.

Lugares de interese

  • Igrexa de Sant Pere de Perafort, neoclásica de tres naves, construída no século XVIII sobre un antigo templo. Ten acaroado un campanario de planta cuadrada.
  • Igrexa de Sant Sebastià de Puigdelfí, do século XVIII, de tres naves.

Festividades

Tranporte

O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads