Perdita (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Perdita é un satélite interior de Urano. O descubrimento de Perdita foi complicado. As primeiras fotografías foron tomadas polas sonda espacial Voyager 2 no ano 1986, pero tardaron máis dunha década en ser recoñecidas coma unha nova lúa. En 1999, a lúa foi anunciada por Erich Karkoschka e notificada.[1][4] Pero coma non se puideron tomar máis fotografías para confirma-la súa existencia, foi oficialmente descartada no 2001.[5] Chegados ó 2003, imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble dirixidas a atopar algún tipo de obxecto onde se supuña que debería estar Perdita, deron finalmente coa confirmación da existencia da lúa.[6][7]
Despois do seu descubrimento no 1999, Perdita recibiu a designación temporal de S/1986 U 10.[4] Recibiría máis tarde o nome da filla de Leontes e Hermione na obra de William Shakespeare, The Winter's Tale. A lúa foi tamén designada coma Urano XXV.[8]
A lúa orbita entre Belinda e Puck. As medicións arriba mencionadas do Hubble proban que Perdita non segue un movemento directo Kepleriano ó redor de Urano. Pola contra, está claramente nunha resonancia orbital de 43:44 coa veciña lúa Belinda. É tamén está moi próxima a ter unha resonancia orbital de 8:7 con Rosalinda.[1][6]
Perdita pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Crésida.[3] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[3] Por desgraza, a parte da súa órbita,[1][6] o seu radio de 15 km[1] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[3], pouco máis se sabe deste astro.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads