Pere Aragonès
Presidente da Generalitat de Cataluña. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pere Aragonès i Garcia, nado en Pineda de Mar, Maresme, o 16 de novembro de 1982, é un político catalán que foi presidente da Generalitat de Cataluña dende o 21 de maio de 2021 até agosto de 2024. Foi vicepresidente e conselleiro de Economía e Facenda dende o 19 de maio de 2018, asumindo algunhas funcións do presidente da Generalitat de Cataluña dende o 30 de setembro de 2020 por mor da inhabilitación de Quim Torra.[1] Foi membro do Parlamento de Cataluña por ERC[2] e secretario de Economía do Goberno de Cataluña 2016-2017.[3][4]
Remove ads
Traxectoria
É neto de Josep Aragonès i Montsant, empresario hoteleiro e téxtil, alcalde de Pineda de Mar durante o franquismo, e posteriormente, despois da integración de Reforma Democràtica de Catalunya (da cal foi presidente) en Alianza Popular de Cataluña, tamén durante o período democrático.[5][6][7] O seu pai (Pere Aragonès Poch) foi rexedor independente na lista de Convergència de Pineda de Mar entre 1991 e 1995.[8][9]
Pere Aragonès estudou na escola Mare de Déu del Roser de Pineda de Mar.[10] Posteriormente licenciouse en Dereito pola Universidade Aberta de Cataluña e fixo un mestrado en Historia Económica pola Universidade de Barcelona, ampliando estudos en políticas públicas para o desenvolvemento económico na Kennedy School of Government da Universidade Harvard. No presente, está a realizar o programa de Doutoramento en Historia Económica na Universidade de Barcelona. Traballou nun despacho de avogados especializado en asesoramento xurídico a empresas e administracións públicas, colaborou como investigador co Instituto Ignasi Villalonga de Economía e Empresa, e como docente na Universidade de Perpiñán.[11][12]
Vida persoal
En xullo de 2017 casou con Janina Juli, e en 2019 naceu a súa filla Clàudia.[13]
Remove ads
Publicacións
- 2014 - Les #cosesdelBOE i el filòsof de butxaca: la mà foradada (escrito xunto con Andreu Mas. Nemobooks, 2014)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads