Perfecto Feijoo

farmacéutico, gaiteiro e musicólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Perfecto Feijoo
Remove ads

Perfecto Feijoo Poncet, nado en Pontevedra o 25 de agosto de 1858 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1935, foi un farmacéutico, gaiteiro e musicólogo galego.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
O grupo Aires da Terra, no centro Perfecto Feijoo.

Estudou a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, e tras tres anos de prácticas en Madrid, regresou en 1880 a Pontevedra. Adquiriu a botica da rúa da Peregrina á viúva do anterior boticario, e este punto céntrico da cidade converteríase co tempo nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros como Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias Posse, Miguel de Unamuno ou Víctor Cervera Mercadillo. Nesta botica tiña o seu papagaio Ravachol, animal que co tempo acabou por converterse no referente do entroido pontevedrés. Fundou o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, e o seu labor como boticario foi recoñecido con medallas en exposicións de Zaragoza e Madrid.

Xa adulto pediulle a Manuel Villanueva, gaiteiro de Poio, que lle aprendese os segredos do instrumento. En 1883 fundou Aires da Terra, o primeiro coro galego. En 1904 gravou o primeiro disco de música galega[1], no que usou a zanfona, o que converte o dito traballo na primeira gravación do mundo deste instrumento[2]. A mencionada iniciativa partiu do empresario coruñés Pedro Ferrer, editor da revista Portfolio Galicia, quen lle encargou á compañía francesa Gramophone a gravación. A Compañía desprazou un equipo de gravación motorizado que realizou a gravación dos 22 temas do disco. Por este traballo o Coro non recibiu ningún tipo de compensación económica, porén tivo moita repercusión chegando a súa distribución a terras americanas. O éxito acadado levou a que fose reeditado en 1911 pola Compañía Odeón[3]. Escribiu a composición Alborada de Rosalía de Castro.

Escritura

Como escritor publicou La Gaita gallega, un conxunto de artigos sobre o instrumento nun debate aberto na prensa do momento no que participaban Faustino Santalices, Jaime Solá ou Francisco Portela entre outros. Algúns dos seus artigos xornalísticos asinábaos como O gaiteiro do Lérez.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads