Pergamiño Vindel
cancioneiro con sete cantigas de amigo de Martín Codax From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pergamiño Vindel ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV e posúe características similares ao Cancioneiro da Ajuda. Contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax, coa notación musical incluída de seis.

Historia

A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos Pedro Vindel o encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII.
O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana, quen o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía xacando. Tras a súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.
A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista Arte Español. Ao ano seguinte, en 1915, o libreiro publicou a primeira edición facsímile do manuscrito.
Entre os meses de outubro do ano 2017 e marzo do ano 2018, o pergamiño Vindel expúxose no Museo do Mar de Galicia, situado na cidade de Vigo.[1]
Remove ads
Descrición
O tamaño do pergamiño é de 34 x 45 cm. Está escrito por unha soa cara a catro columnas, con 26, 24, 23 e 17 liñas respectivamente. A primeira columna contén 5 pentagramas, 6 a segunda, 6 a terceira e 4 a cuarta. O texto foi escrito en tinta negra e os pentagramas en tinta vermella. As iniciais están ornamentadas en azul e vermello. O nome do xograr Martín Codax aparece na parte superior do pergamiño, en vermello. Na copia do pergamiño interviñeron varias mans.
Contén sete cantigas de amigo, seis delas con notación musical:
- Ondas do mar de Vigo
- Mandad'ei comigo ca ven meu amigo
- Mia yrmana fremosa treides comigo
- Ay Deus se sab'ora meu amado
- Quantas sabedes amar amigo
- En o sagrad' e Vigo (só o texto, sen a notación musical)
- Ay ondas que eu vin veer
Os seus textos xa eran coñecidos por formar parte dos cancioneiros sen música da lírica galaico-portuguesa. Porén, a súa música constitúe, xunto coas sete cantigas de amor de don Dinís, achadas no Pergamiño Sharrer, as únicas mostras que se encontraron até hoxe da canción profana galaico-portuguesa. A música das cantigas está escrita en notación cadrada, con ligaduras moi similares ás das Cantigas de Santa María.
A descuberta do pergamiño veu confirmar a hipótese da existencia de follas voantes, co texto e a música das poesías trobadorescas que eran entregadas polos trobadores aos xograres para a súa interpretación.
Remove ads
Discografía
- Véxase a sección de discografía de: Martín Codax (discografía).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads