Pernambuco

estado federado do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia

Pernambucomap
Remove ads

Pernambuco[1] é un estado brasileiro localizado no centro-leste da rexión Nordeste. Ten como límites os Estados de Paraíba e Ceará ao noroeste, o océano Atlántico ao leste, Alagoas e Baía ao sur e Piauí ao oeste. Ocupa unha área de 98 281 km2 (un pouco máis grande que Hungría).

Datos rápidos Himno, Localización ...

A súa capital e cidade máis poboada é Recife. Outras importantes cidades pernambucanas son Jaboatão dos Guararapes, Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo Vitória de Santo Antão e Santa Cruz do Capibaribe. A illa de Fernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.

Remove ads

Historia

En 1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura da cana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.

Entre 1630 e 1654, quedou baixo dominio neerlandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando a Guerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos 1710 e 1711.

A partir dese momento e coa decadencia da produción azucreira, a rexión entrou en declive. No século XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira). Despois da independencia do Brasil en 1822 tornouse provincia do Imperio. Coa república en 1889, tornouse estado.

Remove ads

Xeografía

Relevo e hidrografía

O relevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Os ríos principais son o São Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.

Clima

O clima é basicamente tropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo e Gravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. A pluviosidade tamén é variada. Na Zona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e no Agreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con fortes choivas de inverno. Na maior parte do sertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. As secas máis intensas poden durar máis dun ano.

As excepcións na zona do sertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8 °C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.

Remove ads

División administrativa

Municipios

Thumb
Jaboatão dos Guararapes
Thumb
Caruaru
Thumb
Recife.
Thumb
Olinda.
Thumb
Garanhuns.
Thumb
Belo Jardim.
Thumb
Arcoverde.
Thumb
Salgueiro.
Thumb
Petrolina
Máis información Municipio, Área ...
Remove ads

Economía

PIB 1999
Agropecuaria 7,7%
Industria 33,3%
Comercio e Servizos 59%

A economía baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca), gandería, na industria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. O pau brasil, que espertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, o turismo tamén se destaca economicamente.

Agricultura

Dende o inicio da colonización portuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional de cana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa case monocultura feita para a produción de azucre e alcohol, vén terminando. Están a ser exploradas tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais da floricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produción irrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo do río São Francisco e concentrada na cidade de Petrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio de Gravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente de San Paulo.

Industria

Industrias modernas concéntranse próximo ó porto de Suape, instalado en 1979. As principais industrias son de alimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións, metalurxia e minerios non-metálicos.

Turismo

Thumb
Praia de Muro Alto, municipio de Ipojuca.

Nos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é o turismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais de hoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.

Os atractivos poden ser agrupados en:

  • cidades de praia: Recife, Olinda, Jaboatão dos Guararapes, Itamaracá, Ipojuca (onde queda o famoso distrito de Porto de Galinhas), Serrambi
  • ecoturismo e praias: na illa de Fernando de Noronha.
  • monumentos históricos: o Recife Antigo, o centro histórico de Olinda, o Forte Orange (fortaleza construída polos holandeses na illa de Itamaracá) e outros.
  • as festas tradicionais: o Carnaval de Olinda e Recife cos seus bloques de frevo, e as Festas Juninas (celebración dos santos populares católicos no mes de xuño) na cidade de Caruaru son os principais.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads