Picafollas de papo branco
especie de ave From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O picafollas de papo branco[2] (Phylloscopus bonelli) é un pequeno paxaro que vive en Europa e África, pertencente á familia Phylloscopide (antes estaba clasificado dentro de Sylviidae).
Remove ads
Morfoloxía e hábitos
O picafollas de papo branco ten unha lonxitude duns 11,5 cm e pesa uns 8 gramos. É lixeiramente máis pequeno có picafollas musical. O corpo enteiro é de cor parda con tonalidades amarelas. A parte inferior é máis clara, chegando nalgúns individuos a un ton branco. As patas son de cor carne pálida. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques de coníferas e mixtos, chegando ata ó límite de altitude das especies arbóreas. Aliméntase de insectos e de arañas.
Remove ads
Reprodución

A época de cría corresponde ós meses de maio e xuño, sendo a posta duns 5-6 ovos. Necesítanse 13 días para chocar os ovos. Os polos permanecerán 12 días no niño antes de abandonalo.
Distribución
Presente en Europa Occidental dende a Península Ibérica ata o sur de Alemaña e os Balcáns Occidentais, durante os meses de abril a setembro. Inverna no oeste da África tropical.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads