Piñeiro carrasco

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Piñeiro carrasco
Remove ads

O piñeiro carrasco[1] ou piñeiro de Alepo (Pinus halepensis), é unha especie de árbore da familia das pináceas, xénero Pinus. É típica do mediterráneo, non aparecendo en Galiza.

Thumb
Vista xeral da árbore
Thumb
Follaxe
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
Pinus halepensis
Remove ads

Descrición

Pode acadar os 59 m de altura. O toro é macizo e torto, a casca cinsenta avermellada e a copa irregular. Estróbilos avrroibados de forma oval duns 10 cm de lonxitude. Acículas longas agrupadas de 2 en 2, moi flexíbeis e lixeiramente amarelentas. Piñas miúdas e pedunculadas. É moi resistente á seca e á aridez. Na Península Ibérica áchase na vertente mediterránea, principalmente nos Países Cataláns (Cataluña, Illas Baleares e País Valenciano).

Remove ads

Distribución

Áchase en piñeiriais secos, de tipo mediterráneo, de Europa, Asia occidental e África do norte. Levouse para produción madeireira a outras rexións de África e outros continentes, onde entrou en competencia coa vexetación local. Tamén se utiliza na produción de resina.

Hábitat

Medra, polo xeral, a baixas cotas entre o nivel do mar deica os 200 msnm,aínda que no sur da Península Ibérica pode acadar os 1.000 m.

Propiedades

Contén como principio activo a trementina.[2]

Taxonomía

Pinus halepensis foi descrita por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary: . . . eighth edition no. 8. 1768.[3]

Etimoloxía

Pinus: nome xenérico dado en latín aos piñeiros.[4]

halepensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Alepo.

Citoloxía

Número de cromosomas de Pinus halepensis (Fam. Pinaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24[5]

Sinonimia
  • Pinus alepensis Poir. in Lamarck 1804[6]
  • Pinus maritima Mill. 1768
  • Pinus sylvestris L. var. maritima Aiton 1789
  • Pinus maritima Aiton 1813 non Mill. 1768
  • Pinus penicillus Lapeyr. 1813
  • Pinus arabica Sieber ex Spreng. 1826
  • Pinus genuensis Cook
  • Pinus halepensis Mill. var. genuensis (Cook) Antoine 1840
  • Pinus hispanica Cook
  • Pinus halepensis Mill. var. minor Antoine 1840
  • Pinus carica D.Don in Fellows 1841
  • Pinus halepensis Mill. var. carica (D.Don) Carr. 1855
  • Pinus abasica Carr. 1855
  • Pinus halepensis Mill. var. abasica (Carr.) Carr. 1867
  • Pinus loiseleuriana Carr. 1855
  • Pinus pityusa Steven, 1838
  • Pinus pseudohalepensis Denhardt ex Carr. 1855
  • Pinus parolinii Vis. 1856
  • Pinus × saportae Rouy 1913
  • Pinus ceciliae Llorens & L. Llorens 1984
  • Pinus halepensis Mill. var. ceciliae (Llorens & L.Llorens) Rosello et al. 1992
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads