Picardía

From Wikipedia, the free encyclopedia

Picardíamap
Remove ads

Picardía[1][2] (en francés: Picardie, en picardo: Picardie) foi unha rexión administrativa francesa, situada ao norte da Francia metropolitana.

Datos rápidos Localización, Poboación ...

Picardía limita coas rexións francesas do Norte-Paso de Calais, Champaña-Ardenas, Illa de Francia e Alta Normandía. Ao nordeste limita con Bélxica. Está ocupada, en gran parte, pola chaira picarda de terreos cretáceos moi nivelados, cun aspecto uniforme e nos que as escasas elevacións non superan os 200 m unicamente os vales actuais, produto dunha erosión recente, representan un elemento diferente da paisaxe cun aspecto de longo corredor enchido por unha espesa capa de turba.

Consta de 3 departamentos:

Ten unha poboación de 1.875.000 habitantes.

Amiens é a cidade principal. O 25 de marzo de 1802 asinouse nesta cidade o tratado de paz coñecido como Tratado de Amiens polo que se puxo fin á guerra entre Gran Bretaña e Francia máis os seus aliados. O tratado deixou sen solucionar cuestións moi importantes, polo que a paz durou tan só un ano.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads