Pieter Brueghel o Novo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pieter Brueghel O Novo, nado en Bruxelas en 1564 e finado en Anveres en 1638, foi un pintor flamengo do Renacemento tardío, fillo de Pieter Brueghel o Vello e irmán de Jan Bruegel (I). Foi alcuñado como « Brueghel do Inferno » por mor dun dos seus temas favoritos: os incendios. Formouse en Anveres no estudio de Gillis van Coninxloo e fíxose mestre independente en 1585. Moi logo se encontrou á dirección dun taller moi produtivo e con numerosos discípulos (como o seu fillo Pieter III). Foi un imitador da obra do seu pai, da que executou numerosas copias para responder á demanda de coleccionistas (están rexistrados non menos de 13 nomes); grazas a este labor coñecemos algo de orixinais do pai que desapareceran. Toda a súa vida conservou o estilo realístico flamengo.
Remove ads
Galería
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pieter Brueghel o Novo ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads