Pilro común

ave da familia Scolopacidae From Wikipedia, the free encyclopedia

Pilro común
Remove ads

O pilro común[2][3] (Calidris alpina) é unha ave da familia Scolopacidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Os adultos miden entre 17 e 21 cm, cunha envergadura de ás de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 gramos e poden vivir ata 24 anos. O bico é longo e lixeiramente curvado. Os ollos e as patas, que son de lonxitude media, son castaños escuros. En inverno son castaños por arriba e co ventre branco. Na época de cría ao ventre ten unha coloración negra e a parte superior e castaña avermellada. Machos e femias son de plumaxe semellante,

Remove ads

Hábitat

Thumb
Pilro común

Na época de cría viven principalmente en zonas de tundra. Durante a migración aparecen nas costas e marismas da Europa central. Pasan o inverno nunha área que vai do suroeste do continente europeo ata o oeste de África. O seu hábitat preferido son zonas de lama, pantanos e zonas con uces e prados salgados.

Alimentación

Comen insectos e larvas, que capturan de zonas cunha pequena capa de auga. Na época de migración capturan tamén caracois, vermes e pequenos crustáceos.

Reprodución

Thumb
Calidris alpina alpina

Maduran sexualmente ó ano de idade. Fan o niño agochado entre a vexetación do chan. Entre abril e xullo poñen catro ovos castaños con marcas castañas máis escuras. Chocan unhas tres semanas, e os pitos son capaces de voar 3 semanas despois de saíren do ovo.

Thumb
Calidris alpina.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads