Pingüíns

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pingüíns
Remove ads

Os pingüíns son un grupo de aves mariñas non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: Spheniscidae. Contrariamente á crenza popular, os pingüíns non habitan unicamente en climas fríos e moitas especies habitan tanto no norte como nas illas Galápagos cerca da liña ecuatorial. A maioría dos pingüíns aliméntanse de krill, peixe, luras e outras criaturas mariñas.

Máis información Pingüín Rango fósil: Paleoceno-actualidade, Clasificación científica ...

A especie máis grande é o pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os adultos teñen unha altura media de 110 cm e pesan 30 kg ou máis. A especie máis pequena é o pingüín azul (Eudyptula minor), que ten tipicamente unha estatura de entre 35 e 40 cm e pesan arredor de 1 kg. Xeralmente os pingüíns máis grandes reteñen mellor a calor e polo tanto habitan rexións máis frías, mentres que as especies máis pequenas se encontran en climas temperados e incluso tropicais.

Remove ads

Especies

  • Xénero Aptenodytes
    • Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri)
    • Pingüín rei (Aptenodytes patagonicus)
    • Pingüín de Ridgen (Aptenodytes ridgeni) (fósil)
  • Xénero Pygoscelis
  • Xénero Eudyptes
    • Pingüín saltador da rocha (Eudyptes chrysocome)
    • Pingüín macaroni (Eudyptes chrysolophus)
    • Pingüín das snares (Eudyptes robustus)
    • Pingüín real (Eudyptes schlegeli)
    • Eudyptes sclateri
  • Xénero Spheniscus
    • Pingüín de Magallanes (Spheniscus magellanicus)
    • Pingüín das Galápagos (Spheniscus mendiculus)
    • Pingüín de Humboldt (Spheniscus humboldti)
    • Pingüín africano (Spheniscus demersus)
  • Xénero Eudyptula
    • Pingüín azul (Eudyptula minor)
    • Eudyptula albosignata)
  • Xénero Megadyptes
    • Megadyptes antipodes

Xéneros extintos

  • Anthropodyptes
  • Archaeospheniscus
  • Chubutodyptes
  • Pachydyptes
  • Palaeeudyptes
  • Palaeospheniscus
  • Paraptenodytes
  • Pseudaptenodytes
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads