Piromanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A piromanía[1] (do grego πυρός pyrós, "lume" e μανία teima "tolemia") segundo o DSM-V, é un trastorno do control dos impulsos relacionado coa provocación de incendios e a atracción polo lume.[2][3][4] Ó suxeito que padece piromanía denomínaselle pirómano.
O pirómano non debe ser confundido co incendiario que é aquela persoa que intencionadamente decide provocar incendios con premeditación, con ánimo de lucro ou simplemente por facer dano.
A piromanía forma parte da lenda urbana da tríada psicopática, xuntamente coa enurese e os malos tratos animais.[5]
Remove ads
Sintomatoloxía
Os síntomas adoitan comezar coa atracción ó lume cando son nenos e adolescentes. A piromanía se se dá en adultos pode ser crónica ou episódica, provocando incendios con frecuencia como un xeito de aliviar a súa tensión, ou fano só durante os períodos de tensión infrecuente nas súas vidas.[6]
Estatísticas
A piromanía é unha desorde mental moi rara, e os pirómanos representan unha moi pequena proporción das admisións nos hospitais psiquiátricos.[7][8]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads