Galiña de auga común

ave acuática da familia Rallidae From Wikipedia, the free encyclopedia

Galiña de auga común
Remove ads

A galiña de auga común[2] (Gallinula chloropus (Linné, 1758))[3], tamén chamada galiñola,[4] galiña de auga, galiña de río, pita de auga ou pita de río,[5] é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae que habita en Eurasia e África. Non se debe confundir coa especie: Porzana pusilla.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
G. chloropus
Thumb
Gallinula chloropus
Remove ads

Descrición

A galiña de auga común mide aproximadamente 37 cm de longo. Presenta un escudo facial vermello, faixas brancas nos flancos, plumaxe negra e patas amarelas. Os individuos inmaturos son de cor castaña escura co abdome máis claro, sen o escudo facial vermello.

Aliméntase dunha gran variedade de material vexetal, alén de pequenos animais acuáticos. Frecuenta lagos, lagoas, canles, pantanos e tamén lagunas salobres. É ave migratoria, marchando para o norte durante o inverno austral.

O niño é unha cesta cuberta construída no chan entre vexetación densa. A femia deposita entre 8 e 12 ovos. Pode haber unha segunda niñada no ano, composta entre 5 e 8 ovos. A incubación dura aproximadamente tres semanas e realízana ambos pais.

Remove ads

Distribución

Amplamente distribuída no mundo, existen aproximadamente 12 subespecies, ademais de dous representantes do Plioceno Superior de América do Norte:

Thumb
Exemplares inmaturos.
  • G. c. pauxilla (Bangs, 1915): das planicies do leste do Panamá ao nordeste do Perú.
  • G. c. guami (Hartert, 1917): endémica do nordés das Illas Marianas.
  • G. c. barbadensis (Bond, 1954): endémica de Barbados.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads