Pittsburgh, Pensilvania

cidade de Pensilvania (Estados Unidos) From Wikipedia, the free encyclopedia

Pittsburgh, Pensilvaniamap
Remove ads

Pittsburgh é unha cidade de Pensilvania, Estados Unidos, sede do Condado de Allegheny. De acordo co censo de 2020 conta con 302.971 habitantes, sendo así a 68º cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, a segunda máis poboada de Pensilvania, alcanza os 2,37 millóns de habitantes.

Datos rápidos Lema, Epónimo ...

É coñecida popularmente como «a cidade do aceiro» (Steel City) polas numerosas empresas siderúrxicas que posuía, e «a cidade das pontes» (City of Bridges) polas 446 pontes que conectan os distintos barrios da urbe.

Ademais do aceiro, Pittsburgh foi líder na fabricación doutros materiais importantes coma o aluminio e o vidro e na industria do petróleo. Na segunda metade do século XX, a cidade sufriu un proceso de desindustrialización que fixo caer á metade a súa poboación. Nos últimos anos, Pittsburgh transformouse nun importante centro para as industrias da saúde, educación e tecnoloxía.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads