Placozoos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Placozoos
Remove ads

Os placozoos (Placozoa) son un pequeno filo descrito polo zoólogo alemán Franz Eilhard Schulze (1840 - 1921) a partir de pequenos animais planos e reptantes encontrados nun acuario mariño do Instituto de Zoología de Graz (Austria), aos que interpretou como novos animais relacionados coa teoría da plánula.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Thumb
Distribución xeográfica de Trichoplax adhaerens.
Thumb
Alimentación extracorpórea do Trichoplax adhaerens.

O filo está representado unicamente pola especie Trichoplax adhaerens, animal mariño de forma globosa cunha cavidade corporal chea de líquido a presión, xa que a outra especie citada, Treptoplax reptans, describiuse en 1896 e non se volveu ver desde entón.

Trichoplax adhaerens posibelmente sexa o animal de estrutura máis simple existente no noso planeta. Vive en augas mariñas e presenta o aspecto dunha torta minúscula composta por multitude de células. Trepa ás rochas e devora calquera alga que viva sobre elas. Aínda que é un organismo algo máis complexo que os protozoos, non posúe ningún órgano especializado.

Ao principio pensouse que se trataba da larva dalgún animal, pero na actualidade moitos autores pensan que estaría próximo aos cnidarios e aos ctenóforos.

Remove ads

Estrutura

Ao primeiro exemplar atopado Schulze chamoulle Trichoplax adhaerens, que etimoloxicamente significa "placa con pelos (cilios)[2] que se pega". Logo moitos autores puxeron en dúbida o seu significado, xa que nunca se atoparan na natureza, postulándose que fora unha fase larval (non un adulto) doutro animal (dunha medusa ou dunha esponxa), que entrara por casualidade no acuario.

En 1971 o protozoólogo Grell atopou o T. adhaerens libre na natureza, nos mares Mediterráneo e Vermello. Posteriormente Ivanov (1980) describiuno no mar Caspio. Polo tanto é unha forma cosmopolita, co cal derrubouse a teoría de que fora unha larva.

O Trichoplax carece de órganos e da maioría dos tecidos, aínda que se cre que proviría de animais con tecidos e órganos. Presenta un corpo ameboide de 0,5 mm. Está composto dunhas poucas células que rematan nun cilio simple para o movemento, e que aparecen estratificadas en tres láminas.[3]

Adoita adherirse moi ben aos substratos e atópase habitualmente no medio intersticial. A súa nutrición é por absorción e téñense observado estruturas para atrapar o alimento. Produce óvulos e esperma, pero non ten órganos sexuais; tamén se ten observado reprodución asexual.

Remove ads

Clasificación

Relacións filoxenéticas

Dada a súa simplicidade, ao principio creuse que os placozoos eran os animais actuais máis primitivos. Porén, ao descubrirse que as súas células epiteliais están conectadas por unións de proteínas extracelulares (desmosomas), condición achada en todos os animais excepto nas esponxas, suxeriuse que os placozoos poderían ter aparecido máis tarde e que poderían estar na base dos eumetazoos, tal como se mostra no seguinte cladograma:[4]

Metazoa

Porifera

Eumetazoa

Placozoa

Cnidaria

Ctenophora

Bilateria

Tamén se suxeriu que os placozoos poderían estar na base dos bilaterais, tal como mostra o cladograma seguinte:[4]

Metazoa

Porifera

Eumetazoa

Cnidaria

Ctenophora

Placozoa

Bilateria

Se estas hipóteses son correctas, os placozoos máis que animais simples serían animais simplificados, derivados doutros máis complexos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads