Pato ferrón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pato ferrón[2] (Plectropterus gambensis) é unha especie de ave anseriforme da familia dos anátidos, a única da subfamilia dos plectropterinos.[3]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Anas gambiensis.[4][5]
Sinónimo
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4][5]
- Anas gambiensis Linnaeus, 1766 (protónimo)
Subespecies
Recoñécense dúas subespecies:[4]
- Plectropterus gambensis gambensis (Linnaeus, 1766)
- Plectropterus gambensis niger Sclater, 1877
Remove ads
Características

É un ganso grande, propio de África, que pesa entre os 4 e os 6 kg.
Relacionado cos membros da subfamilia dos tadorninos (e moitas clasificacións considárano dentro dela),[6] pero presenta varios trazos anatómicos que para algúns son suficientes para encadralo nunha subfamilia propia.[Cómpre referencia]
Unha característica destacábel é a presenza de dous esporóns aguzados e rectos no bordo anterior das ás cos que pode golpear e defenderse.
Remove ads
Distribución
Ocupa a interfase de ecosistemas terrestres e acuáticos da África subsahariana.[1]
Ameazas
A especie está ameazada pola caza incontrolada (o descenso da súa poboación en Botswana atribuíuse á caza fóra das áreas protexidas).[7] A especie é cazada e comercializada nos mercados de medicina tradicional en Nixeria.[8]
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, colnsidrando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamrente grande e quj, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupamte).[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads