Multímetro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un multímetro ou polímetro é un aparato de medida universal, é dicir, capaz de medir unha gama variada de magnitudes físicas como tensión, intensidade (tanto en corrente continua coma en alterna) e resistencias, polo que se pode entender como un aparato de medida capaz de converterse en voltímetro, amperímetro ou ohmímetro.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |


Remove ads
Tipos
- Analóxicos: Aqueles que empregan movementos para indicar a cantidade a medir sobre unha escala continua.
- Dixitais: Aqueles que amosan o resultado da medición en intervalos discretos ou numéricos, xeralmente nunha pantalla formada por displays, evitando os erros de lectura, paralelaxe e interpolación á vez que incrementan a velocidade de lectura.
Características
- Campos de medición: Magnitudes físicas capaces de ser lidas polo multímetro.
- Alcances: Diferentes rangos de lectura dentro de cada magnitude a medir.
- Precisión: Erro máximo de lectura dado na escala polo aparato.
- Sensibilidade (só analóxicos): Mínima variación perceptible polo aparato na medida realizada.
- Resistencia de Entrada: Resistencia á cal equivale o aparato entre os puntos do circuíto en que se conecta.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
