Pomelo

árbore da familia das rutáceas cultivada pola súa froita cítrica From Wikipedia, the free encyclopedia

Pomelo
Remove ads

O pomelo[1] (Citrus × paradisi), é unha árbore da familia das rutáceas cultivada pola súa froita cítrica. É un híbrido, probablemente producido de forma espontánea entre a Citrus maxima e a laranxeira doce (Citrus × sinensis) nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII.

Datos rápidos Características, Clasificación taxonómica ...
Datos rápidos Valor nutricional por 100 g, Enerxía ...
Remove ads

Características

O froito, chamado tamén pomelo[2], é un hesperidio globoso ou apenas piriforme, de ata 15 cm de diámetro. Está recuberto dunha tona grosa, carnosa, despegada do endocarpo, de cor amarela ou rosácea, con glándulas oleosas pequenas e moi aromáticas. Ten de 11 a 14 carpelos, firmes, moi xugosos, doces ou ácidos segundo a variedade, separados por paredes membranosas de característico sabor amargo que conteñen polpa de cor que vai da amarela pálida á vermella moi intensa. As sementes son escasas, de ata 1,25 cm de longo, normalmente poliembriónicas, lisas, elípticas ou apicadas, brancas por dentro.

Remove ads

Principais produtores

Os principais países produtores deste cítrico son os EUA, Arxentina, Cuba, Israel, Chipre, Mozambique, México e Suráfrica.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads