Pop rock

xénero de música popular con elementos de rock From Wikipedia, the free encyclopedia

Pop rock
Remove ads

O pop rock é un xénero musical que mestura o estilo pegadizo e as letras lixeiras do pop en cancións con guitarras baseadas no rock. Hai varias definicións do termo, que van dende unha forma máis lenta e suave do rock ata un subxénero da música pop. Os detractores do pop rock adoitan burlarse del por ser un produto comercial, moi puído e menos auténtico que a música rock.[1]

Datos rápidos Datas, Localización ...
Remove ads

Definicións

O pop rock foi descrito como unha "variedade alegre da música rock representada por artistas como Elton John, Paul McCartney, Rod Stewart, Chigago e Peter Frampton"[2]. Polo contrario, o crítico musical George Starostin defíneo como un subxénero da música pop que usa cancións pegadizas baseadas principalmente nas guitarras. Starostin di que a maior parte da música que tradicionalmente é chamada 'power pop' vén do pop rock. El afirma que o contido lírico do pop rock é "normalmente secundario á música"[3].

O crítico Philip Auslander di que a distinción entre pop e rock é máis pronunciada nos Estados Unidos que no Reino Unido. Afirma que nos Estados Unidos o pop ten raíces nos crooners brancos como Perry Como, mentres que o rock vén de formas musicais afroamericanas como o rock and roll. Auslander sinala que o concepto do pop rock que mestura pop e rock contradí a típica concepción de ámbolos dous xéneros como opostos. Auslander e outros estudosos, como Simon Frith e Grossberg, argumentan que a música pop adoita ser representada como unha forma de entretemento non auténtica, cínica, comercial e estereotipada. Polo contrario, a música rock adoita ser considerada como unha forma auténtica, sincera e anticomercial, e fai énfase nas composicións, no virtuosismo e na conexión real coa audiencia[4].

A análise da historia da música popular entre os anos 50 e 80 de Simon Frith ten sido criticada por B. J. Moore-Gilbert, que argumenta que Frith e outros expertos sobrevaloraron o papel do rock na historia da música popular ao nomear cada xénero novo usando o sufixo "rock". Así, cando un estilo de música orientado ao folk desenvolveuse nos anos 60, Frith denominouno "folk rock", e os estilos infundidos polo pop dos anos 70 foron chamados "pop rock". Moore-Gilbert afirma que este enfoque coloca inxustamente o rock no cumio e fai que todas as demais influencias se convertan nun complemento do rock[5].

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads