Préparez vos mouchoirs

filme de 1978 dirixido por Bertrand Blier From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Préparez vos mouchoirs é un filme francés de 1978[1] dirixido por Bertrand Blier e protagonizado por Carole Laure, Gérard Depardieu, Patrick Dewaere e Riton Liebman. O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 51ª edición dos premios.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Sinopse

Raoul e a súa esposa Solange están comendo nun restaurante cando Raoul expresa a súa preocupación pola aparente depresión de Solange, xa que come pouco, sofre xaquecas e insomnio e tamén ás veces se desmaia. Atopa outro home, Stéphane, para que sexa o seu amante e, con sorte, a anime. Stéphane está desconcertado co plan de Raoul, pero cede ante as súas desesperadas peticións de axuda. Os dous homes dormen por quendas con Solange, e ambos intentan fecundala sen éxito, crendo que a falta dun fillo é a fonte da súa depresión. Stéphane tamén comparte o seu amor pola música de Mozart e os Pocket Books cos dous e co seu tendeiro do barrio. A música inspira os homes, mais non a Solange.

Remove ads

Personaxes

  • Gérard Depardieu como Raoul
  • Patrick Dewaere como Stéphane
  • Carole Laure como Solange
  • Michel Serrault como o veciño
  • Eléonore Hirt como Madame Belœil
  • Jean Rougerie como Monsieur Belœil
  • Sylvie Joly como passer-by
  • Riton Liebman como Christian Belœil
  • Liliane Rovère como Marthe ("Bernadette")
  • Michel Beaune como o doutor na rúa
  • Gilberte Géniat como a acomodadora

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads