Pratt & Whitney R-1830 Twin Wasp

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pratt & Whitney R-1830 Twin Wasp
Remove ads

O Pratt & Whitney R-1830 Twin Wasp é un motor radial de aviación estadounidense refrixerado por aire. Despraza 30 litros e o seu diámetro e relación de diámetro/carreira eran ámbolos dous de 140 mm. O deseño remóntase aos experimentos de Pratt & Whitney en 1929 con motores de dúas liñas. A súa fabricación comezou no ano 1932 e foi amplamente usado nos anos 30.

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...

Foi escollido como planta motriz para o bombardeiro pesado catrimotor Consolidated B-24 Liberator e o transporte bimotor Douglas DC-3, dous dos avións máis producidos da historia. Fabricáronse un total de 173 618 unidades do R-1830,[1] sendo o motor de aviación máis producido da historia.

Unha versión máis desenvolvida, o R-2000, fabricouse a partir de 1942. O R-2000 tiá un diámetro superior de 146 mm e tiña outros cambios menores para mellorar o seu consumo e permitirlle que funcionase a maiores potencias con combustible de menor octanaxe. O principal usuario do R-2000 foi o Douglas DC-4.

No presente, 90 anos despois do seu deseño, o R-1830 aínda se usa en Douglas DC-3 e pode verse en varios museos e nalgúns cazas en festivais aéreos. Xa non se fabrica, pero aínda hai dispoñibles pezas de reposto e existe un mercado de motores e partes de segunda man.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads