Praxíteles

From Wikipedia, the free encyclopedia

Praxíteles
Remove ads

Praxíteles (grego antigo: Πραξιτέλης) de Atenas, fillo de Cefisodoto o Vello, nado en Atenas cara ao -395,[1] foi o máis renomeado escultor clásico ático do século IV adC. Coa obra de Praxíteles a escultura grega evolucionou dende o clasicismo cara a unha especie de cedo manierismo, ao acentuar o sensualismo. As súas obras están caracterizadas pola chamada karis (graza) ática e a chamada «curva praxiteliana» consistente nun elegante contrapposto.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Hermes co neno Dioniso no colo, por Praxíteles
Thumb
Apolo sauróctonos (matador de saurios), Museo do Louvre, copia romana en mármore século I-II, segundo orixinal grego, 1,49 m de alto
Thumb
Tipo de Afrodita Cnidia (chamada “Afrodita Braschi”), copia libre (século I a. C.) dunha estatua votiva de Praxíteles en Cnido (c. 350-340 a. C.)

Foi o primeiro en esculpir a forma feminina espida nunha estatua a tamaño natural. Aínda que non queda ningunha escultura que sexa atribuíble sen dúbidas a Praxíteles, numerosas copias das súas obras sobreviviron; autores contemporáneos, incluíndo a Plinio o Vello, escribiron sobre as súas obras; e sobreviviron moedas gravadas con siluetas de varios dos seus modelos estatuarios.

Unha suposta relación entre Praxíteles e a súa fermosa modelo, a cortesá tespia Friné, inspirou especulación e interpretación en obras de arte que van dende a pintura (Gérôme) á ópera cómica (Saint-Saëns) ou as marionetas (Charles Maurice Donnay).

Algúns escritores sostiveron que houbo dous escultores co nome de Praxíteles. Un sería contemporáneo de Fidias e o outro o seu máis coñecido neto. Aínda que a repetición do mesmo nome en xeracións sucesivas é habitual en Grecia, non hai evidencia certa para ningunha das posicións.

Remove ads

Traxectoria

Poucas cousas sábense da vida de Praxíteles: non se sabe sequera con certeza o ano do seu nacemento nin o da súa morte. As fontes literarias son abondosas mais tardías, ningunha delas é anterior ao século III.[2]

Nado en Atenas cara ao -395, formado xunto ao seu pai Cefisódoto o Vello, desenvolveu a súa máxima actividade artística entre os anos 370 e 340. Plinio o Vello sitúa o seu apoxeo artístico despois da 104.ª olimpíada (isto é, en -364 a -361) e sinala que Eufranor foi un escultor contemporáneo seu.[3] Esta proposta cronolóxica está corroborada pola base dunha estatua asinada por Praxíteles, que leva a dedicatoria de «Kléiokratéia, muller de Spoudias»: este Spoudias é coñecido como o adversario de Demóstenes nunha alegación que data de 361 a. C.[4] Pausanias di respecto diso «a terceira xeración despois de Alcámenes»,[5] alumno de Fidias, polo grupo dos Letoidas de Mantinea. Considérase xeralmente que Praxíteles naceu cara ao ano -400[6]

Estivo asociado con Friné, unha famosa cortesá que lle serviu de modelo e que tamén, posiblemente, foi a súa amante. Esta circunstancia podería probar que se trataba dun artista con recursos económicos, como tamén o amosaría o feito de que fose honrado co padroado dun dos coros de Atenas, algo que se debía pagar. Foi tamén popular entre o pobo, que gustaba de adquirir os seus traballos aínda que Praxíteles non fose inclinado a iso.

Remove ads

Estilo praxiteliano

Cómpre nomear cinco puntos de composición que semellan ter unha orixe praxiteliana; con todo, non hai ningunha conclusión definitiva.

  1. Unha liña moi flexible divide figuras se se traza no medio de arriba a abaixo; todos tenden a estar reclinados
  2. Están adaptados para verse de fronte e de costas, máis que dende os caróns
  3. Árbores, drapeados e outros elementos semellantes empréganse como apoio para as figuras de mármore, e inclúense no deseño en lugar de ser estraños a el
  4. As caras aparecen nunha vista de tres cuartos
  5. A estatua atopouse no mesmo lugar no que a describiu Pausanias.
Remove ads

Obra

  • Afrodita saíndo do baño ou Afrodita Cnidia (Venus de Cnido, cuxa modelo semella ser Friné). O modelo tivo grande aceptación e foron demandadas moitas copias. Na actualidade consérvanse máis de cincuenta.
  • Eubuleus de Eleusis.
  • Sátiro escanciador.
  • O amor de Tespis ou Tánatos ou Xenio da morte
  • Faunos.
  • Dionisos.
  • Base con relevos das musas de Mantinea.

E as súas obras de madurez:

  • Hermes co neno Dioniso no colo, que segundo a maioría dos historiadores, sería a única obra orixinal de Praxíteles conservada hoxe día. Obra de madurez.
  • Apolo Sauróctono
  • Apolo Liceo
  • Artemisa Brauronia

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads