Remove ads

Premià de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado no litoral do Maresme, a uns 20 quilómetros de Barcelona. En 1842 o seu nome oficial era Sant Cristòfol de Premià.[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Thumb
Riera de Premià

Premià de Mar é a segunda localidade máis poboada do Maresme logo de Mataró. Os municipios que o circundan son El Masnou, Premià de Dalt, Vilassar de Dalt e Vilassar de Mar.

Remove ads

Medio ambiente

Thumb
Vista xeral

A praia é areosa, pouco coidada e sofre unha gran regresión mariña que no seu día se intentou solucionar coa construción duns espigóns e que, nos últimos anos, corríxese temporalmente coa achega artificial de area do fondo mariño, sen a cal non existiría en moitos lugares. A ampliación do porto deportivo, iniciada antes dos Xogos Olímpicos e aínda inacabada, contribuíu en gran xeito, a alterar os volumes de area nas praias. Xunto ás praias hai uns paseos moi ben coidados, dotados de exercicios variados para deportistas, con grande amplitude para camiñar e ir en bicicleta, rodeados por unha banda de árbores, e do outro de plantas e flores que alegran a vista.

O Centro de Recuperación de Animais Mariños (CRAM) de Premià é unha iniciativa dun grupo de voluntarios e profesionais co obxectivo de salvar animais mariños feridos, especialmente tartarugas e outras especies do Mediterráneo. As súas instalacións están situadas nunha torre de veraneo situada no barrio de Casa Pou-Campo de Mar, que limita co termo de Vilassar de Mar e pódese visitar concertando unha cita previa.

Remove ads

Demografía

Evolución demográfica
1900193019501970198120002008
2.2393.3803.94711.28419.93526.13027.545

Economía

Na economía actual queda algún rastro da antiga actividade industrial (empresas como Metalogenia e Transmesa), algún reduto de floricultura e un mínimo sector servizos. A proximidade a Barcelona, Mataró ou outras poboacións moito máis potentes fan de Premià de Mar un pobo dormitorio.

A Gran Vía Lluís Companys constitúe o eixo básico ao redor do cal vira toda a actividade comercial da vila. Nesta rúa atópase o mercado de Sant Joan e unha gran cantidade de tendas, bares e comercios.

Lugares de interese

  • Masia Can Manent
  • Escola d'Assís
  • Fábrica La Lió
  • Antiga Fábrica do Gas
  • Colexio La Salle Premià
  • Igrexa de Sant Cristòfol
  • Can Roure
  • Masia Ribas
  • Can Maristany
  • Jutjat de Pau

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads