Premio Turing
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Premio Turing é concedido anualmente pola Asociación para a Maquinaria de Computación (en inglés Association for Computing Machinery, ou ACM) a unha persoa pola súa contribución á computación.
Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...
| Premio Turing | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Nome orixinal
| |||||
|
Epónimo
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
| Características | |||||
|
Concedido por
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Pechar
A denominación do premio responde a Alan Mathison Turing, un matemático británico considerado un dos pais da ciencia da computación moderna. O premio é recoñecido como o "Premio Nobel da informática". Está patrocinado pola Intel Corporation e acompañado actualmente por un premio monetario de 250.000 dólares.
Remove ads
Nacionalidades
A maior parte dos laureados son estadounidenses. De 1966 a 2018:
Máis información País, Laureados ...
| País | Laureados | Suma |
|---|---|---|
| 44 | 44 | |
| 9 | 53 | |
| 4 | 57 | |
| 2 | 59 | |
| 2 | 61 | |
| 2 | 63 | |
| 1 | 64 | |
| 1 | 65 | |
| 1 | 66 | |
| 1 | 67 | |
| 1 | 68 | |
| 1 | 69 | |
| 1 | 70 | |
| 1 | 71 | |
| 1 | 72 | |
| 1 | 73 |
Pechar
Laureados
Máis información Ano, Nº ...
| Ano | Nº | Imaxe | Nome | País | Citación |
|---|---|---|---|---|---|
| 1966 | 1 | Alan Perlis | Programación avanzada e construción de compiladores. | ||
| 1967 | 2 | Maurice Vincent Wilkes | Coñecido polo proxecto do EDSAC, o primeiro computador cun programa embutido. Construído en 1949, o EDSAC usaba unha mercury delay line memory. É tamén autor, canda Wheeler e Gill, de "Preparation of Programs for Electronic Digital Computers" en 1951, no que bibliotecas de programas foron introducidas de forma eficiente. | ||
| 1968 | 3 | Richard Hamming | Polo seu traballo en métodos numéricos, sistemas de códigos automáticos, e detectores e correctores de erros de código. | ||
| 1969 | 4 | Marvin Minsky | Intelixencia artificial. | ||
| 1970 | 5 | James H. Wilkinson | Pola súa investigación na análise numérica que facilitou o uso de computadores dixitais rápidos, álxebra linear e análise de erros de "backward". | ||
| 1971 | 6 | John McCarthy | A súa palestra "The Present State of Research on Artificial Intelligence". | ||
| 1972 | 7 | Edsger Dijkstra | Edsger Dijkstra foi o principal contribudor no final dos anos 1950 para o desenvolvemento do ALGOL, unha linguaxe de programación de alto nivel, modelo de claridade e rigor matemático. É un dos maiores expoñentes na arte e ciencia das linguaxes de programación, e contribuíu enormemente á comprensión da súa estrutura, representación e posta en funcionamento. Os seus quince anos de publicacións van dende artigos teóricos na teoría dos grafos até manuais, textos expositores, e filosofía contemplativa no campo das linguaxes de programación. | ||
| 1973 | 8 | Charles Bachman | Pola súa contribución na tecnoloxía de banco de datos. | ||
| 1974 | 9 | Donald Knuth | Polas súas contribucións na análise de algoritmos e proxecto de linguaxes de programación, en particular polas súas contribucións na "Arte da Programación de Computadores" (cunha serie de libros con este título). | ||
| 1975 | 10 | Allen Newell | Por xuntar esforzos científicos durante máis de vinte anos, inicialmente en colaboración con J. C. Shaw na RAND Corporation, e subsecuentemente con numerosos colegas na Carnegie Mellon University, fixeron contribucións básicas na intelixencia artificial, psicoloxía da cognitividade humana, e proceso de listas. | ||
| 11 | Herbert Simon | ||||
| 1976 | 12 | Michael Rabin | Polo artigo "Finite Automata and Their Decision Problem", escrito por ambos, que introduciu a idea de máquina non determinista, co que se probou un concepto de enorme valor. O seu (Scott & Rabin) artigo foi fonte de inspiración para varios traballos neste campo. | ||
| 13 | Dana Scott | ||||
| 1977 | 14 | John Backus | Polas profundas e influentes contribucións no proxecto de sistemas prácticos de programación de alto nivel, principalmente a través do seu traballo no Fortran, e por publicacións importantes na especificación formal de procedementos de linguaxes de programación. | ||
| 1978 | 15 | Robert Floyd | Por deixar unha clara influencia nas metodoloxías para a creación de software eficiente e fiable, e axudar a fundar os seguintes campos importantes da ciencia da computación: teoría do parsing, a semántica das linguaxes de programación, verificación automática de programas, programación automática, e análise de algoritmos. | ||
| 1979 | 16 | Kenneth Iverson | Polo seu esforzo pioneiro nas linguaxes de programación e na notación matemática nun campo coñecido hoxe como APL, polas súas contribucións para a introdución de sistemas interactivos, uso educativo das APL, e teoría e práctica das linguaxes de programación. | ||
| 1980 | 17 | C.A.R. Hoare | Pola súa contribución fundamental para a definición e proxecto de linguaxes de programación. | ||
| 1981 | 18 | Edgar Frank Codd | Pola súa continua e fundamental contribución na teoría práctica dos sistemas xeradores de banco de datos. | ||
| 1982 | 19 | Stephen Cook | Polo avance no entendemento da complexidade da computación de forma significante e profunda. | ||
| 1983 | 20 | Ken Thompson | Polo desenvolvemento da teoría xeral de sistemas operacionais e especialmente pola introdución do sistema operacional UNIX. | ||
| 21 | Dennis Ritchie | ||||
| 1984 | 22 | Niklaus Wirth | Por desenvolver unha serie de linguaxes de computador innovadoras, EULER, ALGOL-W, MODULA e PASCAL. | ||
| 1985 | 23 | Richard Karp | Pola súa continua contribución na teoría dos algoritmos, incluíndo o desenvolvemento de algoritmos eficientes para fluxo de rede e outros problemas de combinación, a identificación de tempo-plinominal coa noción intuitiva de eficiencia do algoritmo e, máis notadamente, contribucións na teoría de NP-Completude. | ||
| 1986 | 24 | John Hopcroft | Polas investigacións fundamentais no proxecto e análise de algoritmos e estruturas de datos. | ||
| 25 | Robert Tarjan | ||||
| 1987 | 26 | John Cocke | Polas contribucións significativas no proxecto e teoría dos compiladores, a arquitectura de varios sistemas e o desenvolvemento da arquitectura RISC. | ||
| 1988 | 27 | Ivan Sutherland | Pola súa contribución visionaria e pioneira na computación gráfica, comezando co Sketchpad. | ||
| 1989 | 28 | William Kahan | Pola súa contribución fundamental na análise numérica. | ||
| 1990 | 29 | Fernando Corbató | Polo seu traballo pioneiro organizando os conceptos e liderando o desenvolvemento de sistema de computación de general-purpose (propósito-xeral), large-scale (larga-escala), time-sharing(compartillamento de tempo) e resource-sharing (compartillamento de recursos) , CTSS e Multics. | ||
| 1991 | 30 | Robin Milner | Por tres diferentes contribucións: 1) LCF, a mecanización das funcións lóxicas de computación de Scott, probabelmente a primeira ferramenta práctica para unha máquina de demonstración de teoremas (machine assisted proof construction); 2) ML, a primeira linguaxe en incluír un tipo inferente polimórfico xunto a un tipo de mecanismo de tratamento seguro de excecións; 3) CCS, unha teoría xeral de computador concorrente. Alén disto, el formulou e avanzou fortemente na abstracción, o estudo do relacionamento entre a semántica operacional e de denotación (operational semantics/denotational semantics). | ||
| 1992 | 31 | Butler Lampson | Polas contribucións no desenvolvemento de ambientes de computación persoal distribuídos e a tecnoloxía para a súa aplicación: workstations, rede de computadores, Sistemas operacionais, sistemas de programación, displays, seguranza e publicación de documentos. | ||
| 1993 | 32 | Juris Hartmanis | En recoñecemento ao seu artigo no que estabeleceu as fundacións para o campo da teoría da complexidade computacional. | ||
| 33 | Richard Stearns | ||||
| 1994 | 34 | Edward Feigenbaum | Polo pioneirismo no proxecto de construción a gran escala de sistemas de intelixencia artificial, demostrando a importancia práctica e potencial comercial desta tecnoloxía. | ||
| 35 | Raj Reddy | ||||
| 1995 | 36 | Manuel Blum | En recoñecemento á súa contribución nos fundamentos da teoría da complexidade computacional e a súa aplicación na criptografía e validación de programas. | ||
| 1996 | 37 | Amir Pnueli | Polo traballo introdutorio lóxica temporal na ciencia da computación e por importantes contribucións na verificación formal de programas e sistemas. | ||
| 1997 | 38 | Douglas Engelbart | Por unha visión inspirada do futuro da computación interactiva e a invención de tecnoloxías chaves que axudaron a realizar esta visión. | ||
| 1998 | 39 | James Gray | Por contribucións na investigación de banco de datos, proceso de transaccións e lideranza técnica na aplicación de sistemas. | ||
| 1999 | 40 | Fred Brooks | Por contribucións marcantes na arquitectura de computadores, sistemas operacionais, e enxeñaría de software. | ||
| 2000 | 41 | Andrew Chi-Chih Yao | En recoñecemento pola súa contribución fundamental na teoría da computación, incluíndo a teoría (complexity-based) da xeración de números pseudoaleatorios, criptografía, e complexidade da comunicación. | ||
| 2001 | 42 | Ole-Johan Dahl | Por ideas fundamentais no surximento da programación orientada ao obxecto, por medio do proxecto das linguaxes de programación Simula I e Simula 67. | ||
| 43 | Kristen Nygaard | ||||
| 2002 | 44 | Ronald Rivest | Pola súa enxeñosa contribución en facer uso práctico da criptografía de chave pública. | ||
| 45 | Adi Shamir | ||||
| 46 | Leonard Adleman | ||||
| 2003 | 47 | Alan Kay | Polo pionerismo en moitas das ideas da raíz das actuais linguaxes de programación orientadas a obxecto, liderando o grupo que desenvolveu o Smalltalk, e por contribucións fundamentais para a computación persoal. | ||
| 2004 | 48 | Vint Cerf | Polo traballo pioneiro en internetworking, incluíndo o proxecto e posta en marcha do TCP/IP , protocolo de comunicación base de Internet, e por inspirar lideranza no traballo de rede. | ||
| 49 | Robert Kahn | ||||
| 2005 | 50 | Peter Naur | Pola contribución fundamental no proxecto das linguaxes de programación e definición do Algol 60, e proxecto de compilador, a na arte e práctica da programación de computadores. | ||
| 2006 | 51 | Frances E. Allen | Pola contribución que aumentou o desempeño dos programas de computador resolvendo problemas, e acelerando o uso de computación de alto desempeño. | ||
| 2007 | 52 | Edmund Clarke | Polo desenvolvemento do Model Checking (Verificación de modelos) nunha efectiva verificación tecnolóxica, largamente utilizada nas industrias de hardware e software. | ||
| 53 | Ernest Allen Emerson | ||||
| 54 | Joseph Sifakis | ||||
| 2008 | 55 | Barbara Liskov | Polas contribucións prácticas e teóricas nos fundamentos da linguaxe de programación e proxecto de sistemas, especialmente relacionadas coa abstracción de datos, tolerancia a faltas, e computación distribuída. | ||
| 2009 | 56 | Charles P. Thacker | Pola súa contribución ó desenvolvemento de Alto, o primeiro ordenador persoal, así como de Ethernet e o Tablet PC. | ||
| 2010 | 57 | Leslie Valiant | Polas súas transformadoras contribucións á teoría da computación, incluíndo a teoría da aprendizaxe probable, aproximadamente correcto, a complexidade da enumeración e da computación alxébrica, e teorías da computación paralela e distribuída. | ||
| 2011 | 58 | Judea Pearl | Polas súas contribucións fundamentais á intelixencia artificial a través do desenvolvemento dun cálculo de probabilidades e de razoamento causal. | ||
| 2012 | 60 | Silvio Micali | Polo seu traballo que sentou as bases teóricas da ciencia da criptografía e novos métodos para o control eficaz das probas matemáticas na teoría da complexidade computacional. | ||
| 61 | Shafi Goldwasser | ||||
| 2013 | 62 | Leslie Lamport | |||
| 2014 | 63 | Michael Stonebraker | |||
| 2015 | 64 | Martin E. Hellman | |||
| 65 | Whitfield Diffie | ||||
| 2016 | 66 | Tim Berners-Lee | |||
| 2017 | 67 | John L. Hennessy | |||
| 68 | David Patterson | ||||
| 2018 | 69 | Yoshua Bengio | |||
| 70 | Geoffrey Hinton | ||||
| 71 | Yann LeCun | ||||
| 2019 | 72 | Ed Catmull | |||
| 73 | Pat Hanrahan |
Pechar
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
Remove ads