Primeira Federación

terceira categoría do fútbol español From Wikipedia, the free encyclopedia

Primeira Federación
Remove ads

A Primeira Federación de España é a terceira categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Chamada inicialmente Primeira División RFEF, foi introducida en 2021 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Segunda División RFEF.[1] A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol, da que toma o nome. A súa condición é semiprofesional e, a pesar de non ser membro da LFP, gran parte dos seus clubs teñen unha organización profesional.[2]

Datos rápidos Nome na lingua orixinal, Tipo ...
Thumb
Deportivo da Coruña -CD Castellón na ida da final da Primeira División RFEF 2023/24.
Remove ads

Historia

En 2020 a Real Federación Española de Fútbol anunciou unha reestruturación do sistema de ligas español, coa creación dunha nova categoría semiprofesional, a Primera División RFEF, situada xusto por debaixo da Segunda División e por riba da Segunda DIvisión B, que á súa vez pasou a denominarse Segunda División RFEF.[1]

Dos 40 equipos participantes na primeira tempada da competición (2021/22), catro accederon ao descender directamente da Segunda División 2020/21 e 36 ascenderon da antiga Segunda División B, despois da disputa da correspondente fase de ascenso.[3] O Racing de Santander e o Andorra foron os dous primeiros campións dos correspondentes grupos 1 e 2, sendo o club cántabro o primeiro campión absoluto, tras derrotar na final de campións ao equipo andorrano.[4]

A partir da tempada 2022/23 a competición mudou de nome, pasando a denominarse Primeira Federación.[5]

Remove ads

Sistema de competición

A Primeira Federación está formada por un total de 40 clubs divididos en dous grupos de 20 equipos distribuídos por proximidade xeográfica. O sistema de competición é o mesmo que nas outras categorías do sistema de ligas do país. Celébrase anualmente, comezando a principios de setembro e rematando en xuño do ano seguinte.

Os vinte equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de trinta e oito xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.

Ao final da tempada, un número de equipos por determinar, entre os que acumulan máis puntos en cada grupo, excluíndo os equipos filiais, clasifícanse para a próxima edición da Copa do Rei.

Ascensos e descensos de categoría

Dúas das prazas de ascenso quedan reservadas para os campións de cada un dos grupos, mentres que as outras dúas saen dun playoff disputado polos equipos clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo e durante o cal se xogan dúas eliminatorias nas que as posicións obtidas durante a fase regular determinan os cruces. Neste playoff, as eliminatorias son a dobre partido (excepto na tempada 2021/22 que foron a partido único), con prórroga, pero sen quenda de penaltis (en caso de empate clasifícase o que obtivera a mellor posición na primeira fase) agás nos duelos entre equipos coa mesma posición. durante a fase regular.[6]

Polo que respecta ao descenso, os últimos cinco equipos de cada grupo (do 16º ao 20º), xogarán en Segunda División RFEF na seguinte tempada.

Campión

Os equipos clasificados en primeiro lugar en cada un dos dous grupos enfróntanse entre si na final para determinar quen resulta campión da Primeira Federación. O gañador obtén a clasificación directa para a segunda rolda da Copa do Rei, así como o trofeo que o acredita como Campión da Primeira Federación.[7][8][9]

Equipos filiais

Os equipos filiais poden participar na Primeira Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior da Liga Española de Fútbol, isto é a Primeira ou Segunda División. Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división ou noutra superior, polo tanto, se un equipo descende a Segunda División e o seu filial gaña o ascenso a esta categoría, o filial debe permanecer necesariamente na Primeira Federación. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Segunda División, agás casos moi excepcionais, non pode xogala se o primeiro equipo xoga nesa categoría. Neste caso, é substituído polo seguinte clasificado do seu grupo que pode ascender. Non será así se o primeiro equipo xoga en Segunda División, clasifica para a fase de ascenso a Primeira División, entra entre os dous primeiros equipos da Segunda División ou mantén opcións matemáticas de estar nunha das dúas situacións anteriores ao momento de comezar as roldas clasificatorias de ascenso.

Esta competición só a pode xogar un segundo filial dun club (ou equipo "C"), se o primeiro equipo participa na Primeira División e, ademais, o primeiro filial (ou "B"), participa na Segunda División.

Remove ads

Historial

En negra, campións absolutos da categoría.

Máis información Tempada, Campión Grupo 1 ...

Palmarés

En negra, campións absolutos da categoría.

Máis información Equipo, Campión de grupo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads