Primeira división española 1930/31
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A tempada 1930/31 da Primeira división española foi a terceira edición do torneo. Celebrouse entre o 7 de decembro de 1930 e o 5 de abril de 1931. O Athletic de Bilbao revalidou o título conseguido a tempada anterior e converteuse no primeiro club en encadear dúas ligas consecutivas. Tamén por primeira vez na historia do torneo o título se decidiu por goal average, ao rexistrarse un triplo empate na primeira posición.
Tomaron parte na competición dez clubs. Por primeira vez desde a súa fundación, a Primeira División española acolleu a un debutante: o CD Alavés, que se converteu no primeiro equipo en lograr ascender á máxima categoría. Ningún equipo galego disputou a categoría.
Remove ads
Clasificación final
Descenso a Segunda División |
Ascenso a Primeira División
O Valencia FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División.
Remove ads
Resultados
Remove ads
Premios individuais
Máximos goleadores

Con 27 goles -29 segundo algunhas fontes- en 17 partidos, Agustín Sauto, 'Bata' estableceu unha nova marca goleadora na Primeira División, que se mantivo vixente durante unha década. O refacho goleador do dianteiro vasco tivo o seu punto álxido no histórico 12-1 do Athletic Club ao FC Barcelona, partido no que marcou sete goles, unha marca que aínda segue vixente e que só Ladislao Kubala puido igualar anos máis tarde.
Porteiro menos goleado
- Tomás Zarraonandía, do Arenas de Getxo, encaixou 27 goles en 14 partidos, obtendo unha media de 1,92 goles por partido.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads