Binóculo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Binóculo
Remove ads

O binóculo[1] ou prismáticos[2] é un instrumento óptico empregado para ampliar a imaxe dos obxectos afastados, igual que o anteollo e o telescopio, mais a diferenza destes provoca o efecto da estereoscopía na imaxe e por iso é máis cómodo apreciar a distancia entre obxectos afastados e seguilos en movemento.

Thumb
Deseño clásico de binóculo prismático.
Thumb
Deseño moderno de binóculo prismático compacto.

O binóculo posúe un par de tubos e cada tubo contén unha serie de lentes e un prisma, que amplían a imaxe para cada ollo, producindo a estereoscopía.

Remove ads

Funcionamento

Este instrumento serve para ver obxectos afastados que non se poden ver a simple vista. A ampliación lógrase cando a luz atravesa cada serie de lentes. Os prismas corrixen a imaxe colocándoa na posición correcto, por medio do principio da reflexión interna total, a diferenza dos telescopios que a amosan invertida. Tradicionalmente, a maioría dos modelos empregan un par de prismas. O ocular de cada cámara non está aliñado co obxectivo e o prisma reflicte a luz en forma de S cara ao ocular.

Moitos modelos permiten axustar a distancia entre os oculares para adaptarse ao observador. Tamén posúen unha roda de enfoque que se xira para enfocar a imaxe. Xeralmente o ocular dereito ten un anel de corrección dióptrica que se xira para conseguir a dioptría diferente no ocular esquerdo e mellorar o enfoque da imaxe observada con ambos os ollos.

Thumb

Ao ser o binóculo un pequeno telescopio refractor cun sistema de prismas para acurtar o tubo de soporte e evitar a visión invertida, ten menor capacidade de aumento ca un telescopio, mais ten maior campo de visión. Para impedir as vibracións convén fixalo nun trípode.

Remove ads

Clasificación de binóculos

Thumb
Binóculos de gran tamaño empregados na mariña.
Thumb
Binóculo turístico que funciona con moedas

A clasificación baséase no nivel de ampliación da imaxe e o diámetro do obxectivo medido en milímetros; indícase con dous números separados por un ×. Por exemplo, un binóculo de 12×50 ten un nivel de ampliación de 12× (12 aumentos) e un par de obxectivos de 50 mm de diámetro.

O binóculo de menor alcance é de 3×10 e adoita usarse nos teatros. Os de 7×50 e 10×50 son para a observación afeccionada e observacións astronómicas. Os de 12×50 ata 20×50 para a exploración. Todos estes sostéñense coas mans, mais existen binóculos tan grandes como 20×80, 20×140, que teñen que soster en trípodes debido ao seu peso.

Nos binóculos de ampliación variable como os 8-24×50 aprovéitase unha configuración interna móbil para proporcional un binóculo que amplía dende 8× ata 24× empregando o corpo dun só binóculo.

O nivel de ampliación práctico é ata 10× e os modelos que se poden soster coas mans son de ata 20×.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads