Produción en cadea

From Wikipedia, the free encyclopedia

Produción en cadea
Remove ads

A produción en cadea, produción en masa, produción en serie ou fabricación en serie foi un proceso revolucionario na produción industrial cuxa base é a cadea de montaxe, liña de ensamblado ou liña de produción; unha forma de organización da produción que delega a cada traballador unha función específica e especializada en máquinas tamén máis desenvolvidas. Xunto coa fabricación por encargo e a produción por lotes, é un dos tres principais métodos de produción.[1]

Thumb
Olds Curved Dash 6C 1904. Este modelo, presentado en 1901 polo industrial Ransom Eli Olds, é considerado o primeiro en ser producido en serie e o primeiro en inaugurar o sistema de cadea de montaxe.
Thumb
Ford T, vehículo presentado en 1908 polo industrial Henry Ford. Foi o primeiro vehículo en producirse de maneira masiva, mediante o sistema de cadea de montaxe, sendo producido mediante a aplicación das teorías do taylorismo.
Thumb
Unha moderna liña de ensamblaxe dunha cadea de montaxe de automóbiles.
Remove ads

Historia

A súa idea teórica nace co taylorismo e foi Ransom Olds quen levou a idea á práctica, inagurando a súa cadea de montaxe en 1901 para construír o seu prototipo denominado Curved Dash.[2] Porén, o sistema de cadea de montaxe tomou popularidade uns anos despois, grazas a Henry Ford, quen tomando a idea de Olds, desenvolveu unha cadea de montaxe cunha capacidade de produción superior e da cal o seu produto emblemático, foi o Ford T. Esta evolución lograda á cadea de montaxe provocaría que o público atribuíse erroneamente a súa invención a Ford, no canto de Olds.[3][4] A finais do século XX, é superada por unha nova forma de organización industrial chamada toyotismo que se profundou no século XXI.

A disciplina do traballo e a procura do control coetáneo e dos tempos de produción do obreiro tiñan un límite obxectivo no século XIX. Este era que o día ten 24 horas e a forma en que o obreiro traballaba tiña unha velocidade determinada aínda en gran parte polo tempo dedicado a fabricar algún obxecto. A división do traballo non abondou para aumentar a velocidade na produción polo que Frederick Taylor traballou a idea de cronómetro co obxectivo de eliminar ese "tempo inútil" ou malgastado no proceso produtivo.

A organización do traballo taylorista reduciu efectivamente os custos das fábricas pero desatendeuse o salario dos obreiros. Iso deu inicio a numerosas folgas e descontento xeneralizado do proletariado co modelo, cousa que Henry Ford corrixiu e con isto logrou tamén unha visible transformación social. O taylorismo recibiu críticas e, tamén, foi ben valorado. A evolución deste modelo produtivo continuaríase no toyotismo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads