Produto xénico

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un produto xénico é a molécula bioquímica, que pode ser ARN ou proteína, que é o resultado final da expresión dun xene. Un xene exprésase inicialmente transcribíndose a ARN; despois este ARN pode traducirse a proteínas ou non, segundo os casos. Ás veces utilízase a medida da cantidade de produto xénico para estimar o grao de actividade dun xene. As cantidades anormais de produto xénico poden correlacionarse coa aparición de doenzas causadas por alelos alterados ou anormais, como os que producen a sobreactividade dos oncoxenes que causan o cancro.[1][2] O xene defínese como "unha unidade hereditaria de ADN que é necesaria para producir un produto funcional".[3] Entre os elementos regulatorios dos xenes están os seguintes: rexión promotora, caixa TATA, secuencias de poliadenilación e amplificadores ou enhancers. Estes elementos funcionan en combinación cun marco aberto de lectura para crear un produto funcional. Este produto pode ser transcrito e ser un ARN directamente funcional, ou ser un ARNm que será traducido nos ribosomas para orixinar unha proteína funcional.

Remove ads

Produtos de ARN

Thumb
Transcrición do ADN ao ARN usando a proteína encimática ARN polimerase II.

As moléculas de ARN que codifican proteínas son os ARNm. As moléculas de ARN que non codifican proteínas teñen tamén funcións na célula, xa que poden realizar as seguintes funcións:

Remove ads

Produtos proteicos

As proteínas son os produtos dun xene que se forman pola tradución dunha molécula de ARNm maduro. O ARNm determina a estrutura primaria da proteína, e esta despois prégase en sucesivas estruturas, adquirindo a súa forma ou conformación final funcional.[7][7] Varias cadeas polipeptídicas poden pregarse xuntas formando unha proteína máis grande con estrutura cuaternaria.[7] Os produtos proteicos poden ser modificados engadíndolles ou retirándolles grupos químicos ou por rotura da cadea polipeptídica.[8]

As proteínas exercen as máis diversas funcións na célula. Os encimas son proteínas que catalizan unha reacción química.[7][8] As chaperonas estabilizan o pregamento doutras proteínas.[9] As proteínas motoras moven moléculas cara determinados lugares da célula.[8] Moitas proteínas son estruturais ou axudan a darlle forma á célula.[7] Outras proteínas atópanse nas membranas e denomínase proteínas de membrana, e controlan o paso de substancias ou a transdución de sinais.[7][8][8] Outras proteínas son regulatorias (factores de transcrición, hormonas polipeptídicas).[10]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads