Propiedades químicas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As propiedades químicas son as propiedades dun material evidentes durante ou tras unha reacción química, é dicir, calquera cualidade que pode establecerse só cambiando a identidade química dunha substancia.[1] As propiedades químicas non poden determinarse só pola observación ou tacto da substancia, e para investigalas hai que afectar á estrutura química interna desta. Cando unha substancia se somete a unha reacción química, as súas propiedades cambian de forma drástica, dando lugar a un cambio químico.
As propiedades químicas poden contrastarse coas propiedades físicas, que poden observarse sen modificar a estrutura química da substancia. As propiedades químicas utilízanse para a determinación de clasificacións químicas e son útiles para identificar substancias descoñecidas ou purificar outras substancias. A ciencia dos materiais habitualmente ten en consideración as propiedades quimicas dun material para determinar os seus usos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads