Proteómica

From Wikipedia, the free encyclopedia

Proteómica
Remove ads

A proteómica é o estudo a grande escala das proteínas, particularmente das súas estruturas e funcións.[1][2] As proteínas son constituíntes vitais dos seres vivos, na medida en que son os principais compoñentes das vías metabólicas fisiolóxicas das células. O termo proteómica foi primeiramente utilizado en 1997[3] para estabelecer unha analoxía coa xenómica, o estudo dos xenes. A palabra "proteoma" é unha mestura de "proteína" e "xenoma", e foi empregada por Marc Wilkins en 1994 mentres este desenvolvía o concepto durante o seu estudo de doutoramento.[4][5] O proteoma é o conxunto total de proteínas,[4] incluíndo aquelas que conteñen modificacións. Este conxunto pode variar ao longo do tempo e de acordo con esixencias ou estreses específicos polos cales pasa unha célula ou organismo.

Thumb
Preparación robótica de mostras de espectrometría de masas MALDI nun cargador de mostra.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads