Provincia de Granada

provincia española From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincia de Granadamap
Remove ads

A provincia de Granada é unha provincia española que forma parte de Andalucía, a súa capital é a cidade homónima de Granada. O xentilicio que designa aos seus habitantes é granadino.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Remove ads

Localización e características

Limita, polo oeste, coas provincias de Málaga e de Córdoba; polo norte con Xaén, polo nordés con Albacete e máis Murcia; polo leste con Almería e polo sur linda co mar Mediterráneo.

Ocupa unha superficie de 12.635 km², cunha poboación de 854.419 habitantes (2005), dos que aproximadamente un 30% viven na capital. A densidade de poboación é de 68,18 hab/km². Está dividida en 172 concellos.

Os principais núcleos de poboación son Granada, a capital, e as localidades de Motril, Guadix, Baza e Loja.

A provincia está cruzada pola serra Penibética, onde salienta a montaña máis alta da Península Ibérica, o Mulhacén, cunha altura de 3.482 metros sobre o nivel do mar. Comparte coa provincia de Almería o Parque Nacional de Serra Nevada.

Remove ads

Comarcas

  • Comarca de Alhama
  • Alpujarra de Granada
  • Comarca de Baza
  • Costa Tropical
  • Comarca de Guadix
  • Comarca de Huéscar
  • Comarca de Loja
  • Los Montes
  • Val de Lecrín
  • Vega de Granada

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads