Psephoderma
xénero extinto de réptiles mariños From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Psephoderma (pel de pelouros) é un xénero dos placodontes que era moi semellante ós seus familiares Placochelys e Cyamodus. Psephoderma tiña un cranio aplanado. Dentro deste cranio, incrustado na mandíbula, tiñan dentes especializados para moer o marisco que comía. A diferenza da maioría de placodontes, o Psephoderma tiña unha cuncha dividida en dúas partes, unha sobre os ombreiros e o lombo, e outra na parte traseira. O Psephoderma podía medrar até 200 cm de longo e viviu a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Foi un dos derradeiros placodontes que existiu.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Family: PLACOCHELYIDAE, paleofile.com (en inglés)
- Additional Information on the Psephoderma en DinosaurFacts (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads