Pereira brava
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A pereira brava[1] (Pyrus cordata, Desv.) é unha árboriña espiñenta do xénero Pyrus, da familia das rosáceas. O seu froito é coñecido vulgarmente como pero ou periño. Común en Galiza.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pereira brava (homónimos).
Remove ads
Morfoloxía

A pereira brava pode ter porte de arbusto ou de árbore pequena de até 8 metros. O tronco é xeralmente delgado e máis ben curto, e a copa desta árbore é redondeada. As pólas son espiñentas.
- Follas: as follas son de cor verde escura, aínda que algo máis claras no envés. Son simples (non están divididas) e alternas, e rematan en ángulo agudo no ápice, sendo máis amplas na base o que lles da unha forma ovoide. Ás veces están aserradas, e acadan un tamaño de entre 3 a 5 centímetros.
- Flor: florece na primavera (entre abril e maio). A flor da pereira brava ten un cáliz con cinco sépalos, os cales se manteñen cando o froito xa está formado. A corola é branca, con 5 pétalos. Tamén dispón de moitos estames e un ovario con 5 estilos. As flores son hermafroditas de polinización entógama.

Remove ads
Distribución e hábitat
Gusta de lugares húmidos, como as beiras de ríos e regatos. Xeralmente na Galiza pódese atopar en fragas caducifolias húmidas xunto a ameneirais. É propia do centro e suroeste de Europa,[3] e en xeral na vertente atlántica, e común en toda Galiza.
Outros usos da planta

É comunmente empregada como patrón para cultivar outras especies do xénero Pyrus, xeralmente especies comerciais debido ao aforro de tempo no crecemento da nova árbore que se acada deste xeito. A leña é moi apreciada, especialmente como combustible e polo carbón que produce.
Taxonomía
Pyrus cordata foidescrita por Nicaise Augustin Desvaux e publicado en Observations sur les Plantes des Environs d'Angers 152–153, no ano 1818.[4][5]
Sinonimia
- Artigo principal: Pereira brava (homónimos).
Pyrus cordata non é a única especie de pereira que recibe o nome de Pereira brava. Tamén se coñece como pereira brava á emparentada Pyrus piraster [6][7]. No sur de Portugal Pyrus bourgaeana tamén recibe este nome común.[8]
Remove ads
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads